Jueves, 26 de junio de 2008

¡Candorosiñas gaiteiras¡
¿que foi o que me fixestes
cand´a tocar vos puxestes
en Lugo n´aquelas feiras?
Non saín das vosas veiras,
y as dores dixen... ¡rabeade!
pois sestaron c´a bondade
d´aquel voso frolear:
Que amis qu´as gaitas tocar,
era facerlles falar
¡n´o meigo son, d´a "Saudade"!

¡Erais rango e señorio,
pol-as ruas as primeiras!
resoltas, tan falangueiras,
novas, de poxante brio;
n´o Lugo d´aquel estio
que tiña tempo d´enfade,
non quedou crego nin frade
sin oirvos frolear :
Que mais que as gaitas tocar
era facerlles falar
¡ n´o meigo son, d´a "Saudade"!

¡Fostel a envidia d´as rosas,
qu´o seu perfume deixabais
o pasar! ¡ y ´e que levabais
anxel d´as mariñas nosas!
¡Zalameiras e misoas,
solemnes pol o paseo,
con embruxe con recreo
n´aquel voso frolear:
Que mais qu´as gaitas tocar
 era facerlles falar,
¡Gaiteirias de Ribadeo!

Todo Lugo voso lado
veciños e forasteiros
revoltos cos extranxeiros
non daban de vos falado;
 atentos o ben levado
compás dás alboradiñas
cantos facendose siñas
d´aquel meigo frolear:
Que mais que fora tocar
era facerlles falar
as gaitas, ¡miñas ruliñas!

Sedans que de cor dourado
campaban n´as vosas faldas,
dand´as mais ricas fidalgas
de menos o voso lado.
Vendo tal lux´e tocado
en cousa non esperada,
dinme c´a yalm´arroubada
n´aquel meigo frolear:

Que mais qu´as gaitas tocar
 era facerlles falar,
¡as gaitas y - a pandeirada!

Cal princip´agasaxado
quedei de vosoutras ¡nenas!
fuxiron de min as penas
y o mal que tenm ´aqueixado
O voso lado encantado
vendovos tan feiticeiras
gustei de oirvos rideias
n´aquel meigo frolear:
Que mais que fora tocar,
era facerlles falar
as gaitas, ¡miñas gaiteiras!

FAUSTINO PULPEIRO ACEBO
Dend´Araena. Xaneiro de 1967


Publicado por a333 @ 20:21  | saudade
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios