El Presidente del Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, afirma también que esto va a ser un gran revulsivo económico para toda la comarca de Navia por el volumen económico que genera la actividad papelera. Y también un revulsivo para toda la costa occidental porque esta mejora de los tráficos ferroviarios favorecerá a muchas otras empresas.
O alcalde, Fernando Suárez, insiste en que <desde a unanimidade da Corporación en Ribadeo sempre tivemos claro o que queremos para Ribadeo. E esta solución aportada por Portos de Galicia, con esa nave tan inmensa dun campo de fútbol de superficie e cunha altura duns 8 pisos, era incompatible absolutamente desde o punto de vista medio ambiental e desde o punto de vista do crecemento ordenado da vila, era incompatible co turismo e co que eso supón para o noso Concello coma fonte de riqueza….. estamos firmemente convencidos de que eso non podía ser tal e como Portos plantexaba a solución>.
O rexedor ribadense engade <a modo de reflexión que si o Principado e Feve chegan a ese acordo para financiar os desvíos da liña de Feve para que as mercadorías poidan entrar no porto de Xixón e na factoría de Navia, habería que preguntarse en alto ¿Porqué Portos de Galicia e esta consellería levan desde hai meses dicindo que estaban facendo estudios para conectar a liña férrea cos portos de interés coma o de Ribadeo senón deron pasos moito máis ambiciosos e concretos coma os asturianos o teñen feito?>.
Fernando Suárez engade <o que de todos é sabido. O porto comercial de Ribadeo é o que está a menor distancia da factoría Ence de Navia e é o porto que menores tarifas ten. Desde Ribadeo estamos convencidos de que esa proposta de nave industrial en Mirasol non podería ser compatible cun crecemento ordenado e racional do noso Concello>.
Da Asociación de Veciños "Atalaia" de Ribadeo Correo: atalaia_asoc@yahoo.es * "Un pobo que non garda o seu pasado non merece estar vivo" D. A. Rguez. Castelao