O documento cartográfico do que nos imos ocupar foi adquirido pola Bibliothèque Nationale de France a un tal monsieur Challus o 27 de setembro do ano 1848. Trátase dun vello pergamiño coloreado, sobre vitela, de aproximadamente 110 centímetros de longo por 70 de ancho, que ofrece a particularidade de presentar, nas súas dúas terceiras partes, un Portolano, mentres que o resto, o situado á súa esquerda, contén un pequeno Mapamundi circular arrodeado polas nove esferas celestiais. O documento está todo el realizado con tintas negra, sepia, roxa, verde e azul, con aplicacións douradas, e distintos tipos de letra.Fuente: Biblioteca Virtual Galega
http://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=A%