Lunes, 06 de octubre de 2008
 
A prensa infórmanos de que varias localidades discútese a ponencia programática nos vísporas da Asamblea; o día 3 debatena os de Pontevedra  e tamén a «Agrupación Nacionalista de Santiago»; na reunión desta última interveñen na discusión Tobío, Gónzález, Carballo, Vázquez, Moar, e outros, acordando sumarse ó futuro P.G., a Asamblea do cal enviaron unha comisión co encargo de presentar diversas enmendas ó proxecto de programa  En Vigo, o G.A.G. acorda enviar delegados á Asamblea de constitución, co mandato de defender unha serie de enmendas; levabán asi mesmo unha proposición sobre a necesidade de que o Parlamento promulgara unha lei de procedemento para a elaboración dos statutos rexionais 
     Da «Agrupación Viguesa al Servicio de la República», un membro da executiva, Álvarez Gallego, asistirá tamén á Asamblea dos días 5 e 6 de nadal. Non así, en cambio, Gómez Román que tardará aínda en incorporarse ó P.G. 
     Nas oficinas do «Grupo Nazonalista de Pontevedra», que organiza a cuestión das credenciais para asistir á Asamblea de constitución, recíbense varias ponencias de diversos grupos sobre o programa e a organización do novo partido .
     Vexamos agora como discurriu a Asamblea de constitución do P.G., que tivo lugar, como dixemos, en Pontevedra o 5 e 6 de nadal; seguiremos nisto a amplia crónica que lle adicou «El Pueblo Gallego»  e a máis suscinta glosa de «A Nosa Terra» 
     O sábado día 4 escomenzou ás 16 horas a sesión preparatoria da Asamblea, presentándose ó Comité Xeral as enmendas ó proxecto de programa, procedéndose logo á súa lectura; as enmendas foron presentadas polos galeguistas de Vigo, Santiago, A Coruña, Ourense, Vilagarcía e outros que non se especifican.
     Ás 8 do serán escomenzou a primeira sesión de constitución da Asamblea que os galeguistas, amigos das paradoxas, celebraron no salón de festas do Hotel Madrid. Con representación persoal e directa estaban os seguintes grupos: Irmandade da Fala da Cruña, Irmandade de Betanzos, Partido Nacionalista Republicano de Ourense, Irmandade Galeguista de Ourense, Grupo Galeguista de Lugo, Grupo Autonomista Galego de Vigo,  Federación de Sociedades Galegas Agrarias e Culturais da Arxentina, O.R.G.A. de Bos Aires, Grupo Nacionalista de Santiago, Esquerda Galeguista, Grupo Nacionalista de Pontevedra, Dereita Galeguista, Comité Repubricano Nacionalista de Esgos, Comité Repubricano Nacionalista de Paderne, Comité Repubricano Nacionalista de Cea, C.R.N. de Xinzo de Limia, C.R.N. de Viana do Bolo, Grupo Autonomista de Arbo, Grupo Galeguista do Barco, G.G. de Bazón, G.G. de Tomiño, Comité Nazonalista Repubricano de Catoira, Irmandade Galeguista de Vilagarcía, Xuntanza Nacionalista da Estrada, Grupo Autonomista Repubricano do Grove, «G.A.R. das Nieves», Instituto de Cultura Galega de Lugo, Grupo Autonomista Galego da Cañiza, Grupo Nacionalista de Viveiro, «Grupo Nacionalista de Noya», Partido Galeguista de Pontevedra, e Labor Galeguista de Pontevedra.
     Recibíronse adhesións de: Antón Villar Ponte (que non se incorporaría ó P.G.), Ramón Villar Ponte, Ramón Martínez López, Xosé Díaz Villamíl,
Amando Suárez Couto, Ramón Fernández Mato, Manuel Portela Valladares, Castro López Otero, Xohan Carballeira, Vicente Risco, Gonzalo López Abente, Salvador García Bodaño, Pintos Míguez, Florencio Delgado, Roberto González Pastoriza, «Centro Repubricano de S. Miguel de Oya», Ramón Cabanillas e Victoriano Taibo.
     Concurrentes:
     —Da Coruña: Lugrís Freire, Víctor Casas, Plácido R. Castro, Salvador Mosteiro.
     —De Betanzos: Luis Cortiñas.
     —De Santiago: Benet Fontenla, Luis Tobío, Carballo Calero, Sebastián González, Anxel Casal, Antonio Moar, Xohan López, Durán, Vázquez Martínez, Cabada Vázquez.
     —De Ourense: Leuter G. Salgado, Arturo López Trasancos, Felisindo Manzana, Xosé A. Varela, Xosé Gil Bueno, O. Fernández, López González, Ramos Colemán, Xosé Goyanes, Outeiriño, Carlos Pulido, Vicente Bóveda, Manuel Pallarés, Vicente Fernández, Fernández Dacal (X. e B.).
     —De Vigo: Valentín Paz Andrade, Xerardo Álvarez Gallego, Elías Barros, Apolinar Torres, Ferro Couselo.
     —De Arbo: Gonzalo Vázquez.
     —De Barco: Xavier Fontán.
     —De Bazón: Xosé Suárez.
     —De Catoira: Alexandro Pérez.
     —De Vilagarcía: Núñez Búa, Luis Villaverde, Roxerino, Ricardo Trasmonte, Xosé Barral.
     —Da Estrada: Carlos Pardo.
     —De Mondariz: Enrique Peinador.
     —De Tomiño: Antonio Alonso Ríos.
     —Da Cañiza: Xerardo Fuentes.
     —De Noia: Alvaro das Casas.
     —De Pontevedra: Cruz Gallástegui, Xosé García Vidal, Iglesias Vilarelle, Enrique Iglesias, Gastañadui (F. e J.), Bóveda, Basanta, Álvaro Gil, Filgueira Valverde, Vidal Martínez, Candendo, Xosé Martínez, Barral Otero, Castrelos, Sánchez Puga, Gonzalo Lucientes, Claudio Losada, Álvarez Gallego (J.), Mosquera, García Cabezas, Luis Iluesa, Xosé Andrade, Emilio Abal, Vicente Fernández, Pallares, Varela Pazos e outros que non se mencionan.
     Concurriron tamén os diputados Castelao, Otero Pedrayo e Suárez Picallo, levando a representación de Antón Villar Ponte, que estaba á sazón doente./Fuente: O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. I)

**** En negrita los relacionados con Ribadeo aunque puede haber más https://atalaiaasocvecinos.blogcindario.com/2008/08/00212-jose-maria-diaz-villamil.html

 

 


Publicado por a333 @ 6:57  | amandosuarezcouto
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios