Inicia este punto da orde do día o Sr. Alcalde dando conta da presencia do Concello de Ribadeo en FITUR-94, considerando a polémica que suscitou, manifesta que o Goberno Municipal segue unha política de promoción turística e neste senso cita a piscina climatizada e o proxecto de sendeirismo. Continua o Sr. Alcalde decindo que a presencia en FITUR fai agora un ano foi unha experiencia positiva e por esto se acordou esta nova participación, para a cal se preparou unha nova publicación turística coas diferentes ofertas do Concello das que se repartiron 4000 exemplares, ademáis enviouse un Técnico en Empresas Turísticas e ofreceuse unha recepción a que asistiron 197 persoas relevantes para a divulgación da imaxe de Ribadeo. Valora o Sr. Alcalde tan positivamente a presencia nesta feira que encargou ó Concelleiro-Delegado a posiblidade de participar noutras.
Ayuntamiento de Ribadeo 7 de febrero de 1994
*Era Alcalde Eduardo Gutiérrez Fernández.