Domingo, 28 de junio de 2015

O desemprego é unha lacra que se ceba en todolos sectores e que incide na vida social económica de todos. Ribadeo estando estratexicamente situado, conta con edificios en desuso e outros medios que poden corrixir desequilibrios e que poden potenciar tanto o emprego directo como indirecto.

A ocupación dos edificios sen uso poderia realizarse a través da autoxestión, cedendo o Concello, como se fai noutros municipios, edificios sen uso ou parcialmente utilizados xa que como se tratará de expor os beneficios sociais son muitos.

De xeito ordinario cando sae a subasta a concesión dun servicio público, sae para empresas que están xa montadas, deixando de lado a poboación desempregada, que non ten medios para montar un negocio propio, a esa parte da poboación vai dirixido este proxecto.

A exposición que se fai e xenérica xa que para poñer en marcha un edificio/ou edificios autoxestionados precisase dun xeito cooperativo, unha implicación dos que que van a recibir os beneficios directos e crear beneficios para o resto da sociedade.

Para levalo adiante precisanse recursos económicos e humanos.

En canto os recursos humanos teriase que invitar a participación con compromiso, os usos que se fagan dependerá das necesidades dun/s colectivos; toda-las decisións deben tomarse a través de asambleas xerais, temáticas e por colectivos (abertas e periodicas) e logo deben formarse grupos de traballo para dar forma o proxecto/o proxectos.

Sería convinte que as propostas que se fagan o sexan por escrito e elixir unha Comisión que se encargue de acoller as propostas para  comezar a traballar,quedandose coas contas de correo dos que dexesen participar e para ir informando a asamblea dos pasos que se vaian dando ata poder crear un Centro-s Autoxestionados.

No que se refiere a viabilidade económica  de calquer proxecto o gabinete de asesoramento para a autoxestión orienta e elabora estudios sobre ese particular, para contactar

[email protected]. De todo-los xeitos nos consideramos que o grupo de traballo surxido da asamblea pode preparar axudado polos técnicos do Concello un estudo aproximativo de gastos/ingresos do proxecto-s que se decidan acometer.

Aparte os recursos  para levar a cabo un centro autoxestionado poden proceder de

Empresas  por medio de aluger de espacios a cambio de medios, por exemplo montanse unhos telares a cambio da ensinanza e de prestar telares para  a creación propia dos que se autoxestionan.

De escultores da zona, de pintores que se presten a ensinar e donen algunha obra para a creación dun museo do Centro X autoxestionado

Recursos procedentes do Concello

Uso do edificio-s mediante convenio e para sacar adiante o proxecto X que albergará un semilleiro de empresas cunha serie de caracteristicas que aportan un beneficio para os cooperantes e para a Comunidade.

Recursos de carácter social –veciñal

Creación dunha galeria de arte-museo coas obras creadas polos Centro X autoxestionado. (Ribadeo precisa un museo e vergoña que non o teña cos feitos históricos vividos e os persoeiros que por esta Vila desfilaron)

Reciclado de mobles, enseres vellos (o que elimina o coste do reciclaxe ó Concello e da nova vida os obxetos) Estos días estaba realizando Adega en Lugo unhas conferencias sobre o futuro do negocio da reciclaxe.

Recursos procedentes dos colexios/institutos desta e doutras zonas.

Que poden aproveitar as actividades que se realicen tal como se fai por exemplo na Granxa Escola, aquí tapizando, pintando, esculpindo ou con calquer outro tipo de actividade que se aprobe desenvolver.

Outro  recurso podría ser a venta de xelados/refrescos, bocatas ós visitantes

Recursos virtuais, creación e sostenemento dunha web.

Poderiase crear un semilleiro de empresas virtuais, un Ribadeo virtual, con espazo para todos empresas con asentamento en tenda-comercio fisico e asentamento virtual ainda para aqueles que non poidan darse de alta na Seguridade Social por obter uns beneficios moi pequenos.

Unha vez que se ten pensado o tipo de actuación/ s que se pretenden levar a cabo e onde

terase que elabourar o

PROXECTO

Dado que o concello conta con edificios os que non se lles da ningún uso o un uso esporádico o mais probable e que non se precisase licenza de obras pero si a de actividade sempre preceptiva, polo que o mesmo Concello deberia elabourar proxecto a efectos de tramitar a licenza.

A REALIDADE DOS CENTROS AUTOXESTIONADOS:

Agora mesmo en España hai unha longa lista de proxectos autoxestionados entre eles a

Asociaci´n Espai Coll de l´Alba. Tortosa. Proxecto de educación, creatividade e vida rural en Tortosa.

Aurea Social. Barcelona. Espacio aberto e autoxestionado para ofrecer servicios abertos e públicos de Saúde e Educación.

Ca La Fou. Vallbona d´Anoia Colonia ecoindustrial post capìtalista. Proxecto para a innovación social e tecnoloxica.

Ecotienda de la Vera. Villanueva de la Vera. Asociación de consumidores e productores ecoloxícos provintes dun comercio equitativo e solidario.

El Jardin de los Sueños. Alicante. Espacio de apredizaxe vivencial, libertade, afecto e crecimento.

Taller de artesanía cerámica A Noitiña. Sobredo. El Bierzo. Taller de cerámica aberto para iniciativas comunitarias de aprendizaxe e autoxestión laboral e social.

CONCLUSION:

Nun edificio autoxestionado cabe todo uso, os participantes neste tipo de Centros non van a enriquecerse senon a tratar de vivir segundo uns principios e serrar beneficios a toda a sociedade.

 

 

 


Publicado por a333 @ 9:20  | documentos asociacion
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios