S?bado, 03 de mayo de 2008
 Levan xuntos 150 anos dende que foran doados por Xosé María Iglesias para contribuir o maior recoñecemento das festas do Carme, naqueles tempos, tanto ou máis importantes que as patronais de setembro. Os Cocos están reproducidos na praciña de San Roque, dando a benvida a todolos visitantes a Ribadeo, segundo arraigaida tradición parece ser que foron obra de artesans locais e que son retratos dun matrimonio veciño da Vila, de escabrosa historia. Desenvolvia él cargo importante administrativo ou político mentras que ela lle poñia os cornos , de ahi os rizos frontais que luce o Coco

 En wikipedia aparece esta información http://gl.wikipedia.org/wiki/Os_cocos

E xunto os cocos están os cabezudos: O pataqueiro, popeye, a vella, o gordo e o flaco, o paiaso e o aldeano

Os Cocos son definidos nun recente folleto como a parella máis representativa de Ribadeo. Son dous bonecos de gran tamaño (uns 3,50 m de altura) construídos para ser transportados por persoas situadas no seu interior, que executan un movemento de danza no seu percorrido ó longo das rúas. Os portadores necesitan ter forza, resistencia e equilibrio debido tanto ó peso como a que a suxeición e transporte realízase mediante unhas barras situadas a menos de 1/3 da altura dos bonecos, sendo dificultoso manter o equilibrio, e máis en días de vento. Saen á rúa en diversas festas (en particular, as patronais e S. Roque) e na actualidade teñen dúas estatuas, reproducións fieis en metal, situadas na ribadense praza de S. Roque.

thumb|200px|right|Vista das estatuas dos cocos e igrexa de S. Roque en Ribadeo, obra de Cesar Lombera
A súa recollida despois do paseo, que realizaban acompañados doutros persoeiros menores, 'cabezudos', antigamente era acompañada polos pícaros ó berro de 'morreu papá', 'morreu mamá', derivado que para seren gardados tiñan que ser tumbados. Non saíron de Ribadeo, cunha única excepción a A Pontenova. Os 'cabezudos' son considerados como fillos dos cocos, comezando esta tradición no 1898, e parando a súa exhibición ó comezo da I Guerra Mundial ata o ano 1948, no que aparecen 'Popeye', 'O Gordo', 'O Fraco', ... Estes sobreviven, mentres que xa son máis numerosos os que foron sendo descartados ó longo do tempo, é dicir, os que 'morreron'.

O seu nacemento sitúase a mediados do s. XIX, como doazón de José María Iglesias para o seu uso nas festas do Carme. A familia doadora e o seus descendentes coidaron da parella por longo tempo. Na actualidade corresponde o seu coidado e mantenza ó Concello. Os traxes seguen a ser de época, se ben xa tiveron varios cambios.http://wapedia.mobi/gl/Cocos


Publicado por a333 @ 10:41  | cocos y cabezudos
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios