*Reproducimos solo el dirigido al Ayuntamiento
Excmo. Concello de RIBADEO
____________, con DNI ________en nome e reprsentación de Atalaia, con enderezo a efectos de notificación en _____________ de Ribadeo
EXPON:
Ribadeo sufre apagóns que no pasado mes de febreiro se prolongaron durante horas, aunque de xeito regular vaise a luz por tempo dabondo para descontrolar as caixas nos supermercados e noutros establecementos, provocar perdidas de arquivos ou documentos, danos irreparables en electrodómesticos...
BEGASA, ten que asumir a responsabilidade social do servicio público que explota, xa que os cidadans pagamos os recibos para un suministro axeitado e antes deso, todos nos tivemos que dar de alta e a empresa aceptounos, polo que debe cumprir co asinado.
Tendo en conta o anterior SOLICITAMOS a intervención do Concello para que fagan valer os nosos dereitos e evite a repetición deste tipo de situacións
5 maio de 2008
|
||