Vista a solicitude persentada por dona Teresa R. en nome da A.C. Atalaia para expoñer nas salas das que dispón o Concello
O Alcalde, tendo en conta a vixente lexislación
RESOLVE:
Acceder a petición realizada polo solicitante para expoñer na OMIC do 3 ao 9 de novembro de 2008, baixo as prsmisas que figuran nas Bases das Condcións de Uso das Salas de Exposicións do Concello de Ribadeo, publicadas no BOP de Lugo de 28/10/03
*Reproducimos solo el dirigido al Ayuntamiento
Excmo. Concello de RIBADEO
____________, con DNI ________en nome e reprsentación de Atalaia, con enderezo a efectos de notificación en _____________ de Ribadeo
EXPON:
Ribadeo sufre apagóns que no pasado mes de febreiro se prolongaron durante horas, aunque de xeito regular vaise a luz por tempo dabondo para descontrolar as caixas nos supermercados e noutros establecementos, provocar perdidas de arquivos ou documentos, danos irreparables en electrodómesticos...
BEGASA, ten que asumir a responsabilidade social do servicio público que explota, xa que os cidadans pagamos os recibos para un suministro axeitado e antes deso, todos nos tivemos que dar de alta e a empresa aceptounos, polo que debe cumprir co asinado.
Tendo en conta o anterior SOLICITAMOS a intervención do Concello para que fagan valer os nosos dereitos e evite a repetición deste tipo de situacións
5 maio de 2008
|
||
En Ribadeo varias rúas non teñen nome ou o que teñen carece de significado algún para os veciños, por exemplo e entre outras:
-O Calexón que sube dende a Avenida Calvo Sotelo ó Grupo Xibraltar.
-O Camiño que baixa dende Amador Fernández a Rúa Buenos Aires.
-A Rúa Peonil entre as Avenidas Rosalía de Castro e Calvo Sotelo.
-A Vía Transversal.
-Ctra de Vilaselán dende o cruce coa Avenida Rosalía de Castro e a Lodeira.
Dende Atalaia pedimos ó Concello se tome acordo de dirixirse ós veciños para que eles mesmos decidan, si asi o desexan, como nomear as rúas onde viven.
Sr. Alcalde do Concello de Ribadeo.
Os Cocos son definidos nun recente folleto como a parella máis representativa de Ribadeo. Son dous bonecos de gran tamaño (uns 3,50 m de altura) construídos para ser transportados por persoas situadas no seu interior, que executan un movemento de danza no seu percorrido ó longo das rúas. Os portadores necesitan ter forza, resistencia e equilibrio debido tanto ó peso como a que a suxeición e transporte realízase mediante unhas barras situadas a menos de 1/3 da altura dos bonecos, sendo dificultoso manter o equilibrio, e máis en días de vento. Saen á rúa en diversas festas (en particular, as patronais e S. Roque) e na actualidade teñen dúas estatuas, reproducións fieis en metal, situadas na ribadense praza de S. Roque.
thumb|200px|right|Vista das estatuas dos cocos e igrexa de S. Roque en Ribadeo, obra de Cesar Lombera
A súa recollida despois do paseo, que realizaban acompañados doutros persoeiros menores, 'cabezudos', antigamente era acompañada polos pícaros ó berro de 'morreu papá', 'morreu mamá', derivado que para seren gardados tiñan que ser tumbados. Non saíron de Ribadeo, cunha única excepción a A Pontenova. Os 'cabezudos' son considerados como fillos dos cocos, comezando esta tradición no 1898, e parando a súa exhibición ó comezo da I Guerra Mundial ata o ano 1948, no que aparecen 'Popeye', 'O Gordo', 'O Fraco', ... Estes sobreviven, mentres que xa son máis numerosos os que foron sendo descartados ó longo do tempo, é dicir, os que 'morreron'.
O seu nacemento sitúase a mediados do s. XIX, como doazón de José María Iglesias para o seu uso nas festas do Carme. A familia doadora e o seus descendentes coidaron da parella por longo tempo. Na actualidade corresponde o seu coidado e mantenza ó Concello. Os traxes seguen a ser de época, se ben xa tiveron varios cambios.http://wapedia.mobi/gl/Cocos