Viernes, 27 de junio de 2008
 

é actor e autor teatral galego. Formouse xunto ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño co que colaborou na compañía Teatro do Aquí. No ano 2000 crea, xunto con Carlos Losada, a compañía Teatro Cachuzo, que leva ás táboas as súas primeiras obras Fume (2000) e Nunca durmo, de Erik Cachuzo (2003). Outras obras súas foron representadas por Patatín & Patatán Superproductions, como Traffic: arroz mubi (2004) e ¡Triumfadores! (2005). Tras a morte de Vidal Bolaño en 2002, e o feche de Teatro do Aquí, cesa a súa actividade teatral sobre as táboas e céntrase en escribir. No ano 2005 gaña o Premio Álvaro Cunqueiro con Limpeza de sangue (o sangue fai ruído). A obra será editada no ano seguinte por Edicións Xerais de Galicia e o IGAEM e recibirá, en outubro do 2007 o Premio Nacional de Literatura Dramática, que premia anualmente ao mellor libro de teatro editado en calquera das linguas do Estado español.
O pasado 27 de xuño estaba a presentar Insomnio


Publicado por a333 @ 13:19  | nombrehistoriarib.contem
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios