Viernes, 11 de julio de 2008
Publicado por a333 @ 19:34  | arquitectura
Comentarios (0)  | Enviar
 

 

Localización: Ribadeo, Pza. España (Cantón dos Moreno), esq. r/ Ibáñez
Orde de construción: Pedro e Juan Moreno Ulloa, 1915
Arquitecto: Julián García Núñez (xunto do enxeñeiro Ángel Ardex)
Estilo: Ecléctico - modernista
Estructura: Mixta de formigón e ferro
Adornos: Diversos, alicatados, mármores, vidrieiras, grecas, pilastras,Cúpula da torre principal mantida por catro cariátides
Planta: 950m2 (solar, 1050m2, medidas tomadas usando SIXPAC)

Casa de indianos emblemática de Ribadeo, datada de 1916, construída con cartos enviados polos irmáns Moreno (Pedro e Juan Moreno Ulloa). A súa construción, rica en adornos, extensión de planta, tellado con tellas cerámicas rechiscantes (cerámica vidrada de brilo atornasolado), torres con columnas figurando mulleres, ... fan del un edificio singular. Ocupa un solar de uns 1050m2, dos que están construídos uns 950m2 con baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Ten habido varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance do deterioro do edificio. O tellado de tellas de porcelana (cerámica vidrada) en cor vermella pódese observar dende lonxe, en particualar os días luminosos, nos que o reflexo forma unha imaxe chamativa. Na torre situada na imaxe á dereita, a cúpula semiesférica vése mantida polas cariátides de reminiscencias antergas. O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios. Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros. As galerías están realizadas en fundición, coroadas por tres arcos e con vidros policromados.    http://juliangarcianuniez.blogspot.com/2007/11/casa-de-indianos-en-ribadeo-espaa.html


Comentarios