Domingo, 13 de julio de 2008
Publicado por a333 @ 22:17  | proyecto
Comentarios (0)  | Enviar

EL CINE TEATRO es uno de los espacios que Atalaia intenta poner en uso junto con otras asociaciones de Ribadeo. A mayores de lo que aparece en la noticia que se transcribe, el ayuntamiento paga un arriendo por ese inmueble. ( A la Sociedad Filatropico Dramática?)

Concello de Ribadeo abonará 66.000 euros al anterior arrendatario del Cine Teatro para adquirir los muebles, el equipo de sonido y el proyector. El pago se hará en dos anualidades: 42.000 euros en este ejercicio y 24.000 euros en el 2005. La intención del Ayuntamiento es transformar el Cine Teatro en un nuevo auditorio municipal. El acuerdo de adquisición del material será ratificado mañana por la corporación en un pleno.

El concejal delegado de Economía en Ribadeo, Santiago Fernández Reinante, entiende que esta gestión ha resultado muy beneficiosa para el Concello: «Xa sei en que senso van vir as críticas da oposición, e supoño que a algún lle pode chocar que coa mala situación económica do Concello fagamos esta inversión, pero o negocio é bon, porque adquirir este material novo suporía invertir do orden de 120.000 euros, según un informe dos servicios técnicos do Concello. E todo iste equipo é prácticamente novo». http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/01/17/2337499.shtml

En ese Cine teatro se produjeron estrenos, actuaciones y ha formado parte de la vida de este pueblo

O pasado 27 de maio, coa película Este cuerpo no es el mío , dirixida por Tom Brady e protagonizada por Rob Schneider e Rebecca Lin, pechaba as súas portas o Teatro de Ribadeo, o cine máis antigo da provincia de Lugo (e probablemente de Galicia) que permanecía aberto.

Este coliseo é propiedade da Filantrópico-Dramática, sociedade con moitos anos de historia as súas costas, pois fundouse en 1835 co obxecto de «promover y fomentar el buen gusto y la afición al teatro y a la declamación por el beneficio público que de ello resulta» segundo nos conta Francisco Lanza no seu libro Ribadeo Antiguo . Co capital inicial, froito das accións a corenta reais que puxeron á venda os promotores, esta sociedade arranxou provisionalmente o local no que tradicionalmente facían as súas representacións as compañías cómicas que pasaban por Ribadeo. Posteriormente, o Concello cedeu á Filantrópico-Dramática a propiedade deste local, «que medía trece varas de largo, once de fondo y cinco y tercia de alto, teniendo el piso terreno, el techo a tejavana, con muchas goteras y las maderas podridas...», explica Francisco Lanza. En 1841, o Teatro ampliouse gracias a un almacén contiguo, de iguais dimensións, que pasou a se-lo escenario.

A cesión dos locais, autorizada pola Deputación Provincial de Lugo, estaba suxeita a unha serie de condicións polas que a devandita sociedade se comprometía a coida-lo edificio impedindo o seu deterioro, que «en ningún tiempo podrá considerarse como patrimonio o propiedad particular de los socios de la Filantrópico-Dramática; y que ha de servir siempre para espectáculos públicos y representaciones dramáticas, bien sean dadas por aficionados o por compañías de cómicos de profesión».

Francisco Lanza engade, sen precisar cando, que con posterioridade e gracias a unha axuda do Concello de Ribadeo e as contribucións dos socios, este Teatro foi reformado e ampliado segundo planos de Francisco Javier de Bona. Non sabemos en qué consistiron estas obras, pero pola prensa lucense, concretamente por El Norte de Galicia , sabemos que en 1901 o Salón-Teatro (como así se era denominado naquel tempo) estaba necesitado de novas intervencións, chegando a constituírse unha comisión xestora para recadar fondos para arranxalo, comisión que abrigaba «...grandes esperanzas de éxito y espera llegar a las 15.000 pesetas, suma calculada para las obras».

A mediados de abril de 1902, este mesmo xornal informaba que xa había recadadas 4.897,75 pesetas para as obras en proxecto do Teatro de Ribadeo. Mentres, sucédense as actuacións e, para finais de decembro de 1903, Carlos Abejón, corresponsal de El Norte de Galicia en Ribadeo, anuncia o debut dunha compañía cómico-lírica en «nuestro teatro», segundo relata Fernando Arribas Arias en O cine en Lugo 1897-1997. Notas para unha historia cinematográfica .

A mediados de xullo de 1924 aínda non remataran os traballos de referencia, se ben estaban próximos á súa conclusión, «...pudiéndose anunciar que la reapertura del coliseo tendrá lugar en breve, estando ya al habla la Empresa con alguna notable compañía cómico-dramática», engade Arribas Arias. Sen embargo, a comezos de setembro, a Sociedade Filantrópico-Dramática encarga ó arquitecto Ramiro Sainz un proxecto de reforma do Teatro de Ribadeo.

«Este proyecto comprenderá la construcción de un piso con entrada por la calle de San Roque, especialmente distribuido para la instalación de una sociedad de recreo, con cuarto de baño, salas para villares (sic), azotea, etc. En la sala del teatro se introducirán también notables reformas, tales como la entrada destinada a entrada de general y preferencia, cuyo piso se dispondrá en forma de herradura...», recolle Arribas Arias no libro mencionado.

Estas obras debían estar rematadas en 1928, xa que en maio dese ano a Sociedade Filantrópico-Dramática procede á apertura de pregos presentados para arrendamento do Teatro por un prazo de catro anos. «Los pliegos eran cuatro, y el que mejor cantidad ofrecía era el del actual empresario, don Manuel Cortés Basanta, que satisfará anualmente 5.500 ptas., más la mitad del seguro contra incendios», explica Arribas Arias. Por unanimidade concedeuselle a explotación do Teatro.

Con posterioridade, vai ser arrendado polos empresarios Manuel Lens Ucar, Isaac Fraga e por José Díaz, dedicados fundamentalmente ó cine. Esta actividade vai se-la que predomine neste coliseo, coñecido como Cine-Teatro ou Teatro Principal de Ribadeo.

Situado entre as rúas Rosalía de Castro e Calvo Sotelo, perpendiculares á de San Roque que é onde se sitúa a fachada principal (co número 26), o edificio consta de dúas plantas con cuberta a dúas augas. Verticalmente, esta fachada está dividida en tres partes, separadas por pilastras que se prolongan dende o chan ata a cornixa, representativas das sucesivas ampliacións das que foi obxecto este edificio. Segundo os nosos datos e por referencias de Cosme Iglesias Trevín, o aforo deste coliseo era de 464 localidades e a maquinaria de proxección era da marca OSSA.

Lamentablemente, trala desaparición do Gran Teatro o 21 de marzo de 1994, foron varios os coliseos lucenses que sucumbiron a intereses especulativos. Tal é o caso dos cines Kursal e Paz na capital, mentres que na provincia hai que referirse ó Teatro Villalbés, ó Teatro Principal e o Capitol de Monforte de Lemos, ó Teatro Nemesio de Viveiro, etc. Todos eles tiñan por denominador común ser exemplos notables dunha arquitectura cinematográfica representativa dunha época na que o cine era o espectáculo de masas por excelencia. Afortunadamente outros continúan en pé, como o Pastor Díaz de Viveiro (inaugurado en 1919) que, xunto co Teatro de Ribadeo, constitúen os expoñentes máis antigos na nosa provincia da arquitectura cinematográfica á que facíamos referencia. Tamén con rancio sabor está o Principal Cinema de Mondoñedo, aberto en 1924 nun edificio construído con anterioridade polo Casino desta vila. Outros coliseos lucenses están abandonados (como o Principal Cinema de Cospeito e o Salón Cinema do Valadouro por citar só dous exemplos) ou destinados a outros fins, como acontece co Cissa de Sarria, que perdeu a súa estructura interna para ser reutilizado como supermercado.

Non sabemos se o Teatro Principal de Ribadeo vai sucumbir á piqueta, pero a nova do seu peche non é un bo presaxio. Sería de lamentar que un cine como este, o máis antigo de Lugo e probablemente de Galicia, sucumba á especulación urbanística, perdendo así Ribadeo un edificio tan singular e importante como a Torre dos Moreno.

Urxe, xa que logo, a conservación deste edificio emblemático (debe catalogarse no Plan Xeral de Ordenación Urbana) e dos aparatos que lle son propios (proxector, equipo de son, etc.) porque forman parte da historia cultural de Ribadeo. Conta tamén esta vila co Cine Colón, coliseo deseñado polo arquitecto Alfredo Vila entre 1946 e 1947, e que hoxe se atopa nunhas condicións lamentables. Se nos preguntamos por un posible destino para estes vellos cines, tanto o Colón como o Teatro serían perfectas sedes dun Museo do Cine, tan necesario en Galicia por non existir ningún, resultando lamentable que unha arte como o cine non dispoña dun museo propio onde recoller e conservar a gran variedade de proxectores e demais medios técnicos desta industria. Pero a función deste museo non debe limitarse á conservación, senón que tamén debe funcionar como cinemateca, achegando á sétima arte ó público dunha comarca escasa en coliseos (o máis próximo é o Pequenete de Foz) e a unha xeración que só a coñece a través do vídeo ou DVD.http://www.lavozdegalicia.es/amarina/


Comentarios