Viernes, 25 de julio de 2008

Penalonga: 509 m, é a segunda altura da fronte montañosa entre o río Masma, río Eo e Mar Cantábrico, tras o Monte Mondigo. Está situado no Concello de Ribadeo.

O nome de Comado corresponde a todo o monte, se ben partes del reciben outras denominacións, como o que vén dado polo chan da súa zona alta; así, ó punto máis alto denomínaselle Pico Pena Longa. Chámaselle Chao do Comado a unha parte cha próxima ó punto máis alto)

Mondigo: Pico máis alto da barreira montañosa que separa a costa do interior na comarca da Mariña Oriental (569 m). Dende el poden apreciarse fermosas vistas cara ó Mar Cantábrico, ó val dos ríos Grande e Pequeno. Está enclavado no Concello de Ribadeo. Aparece no refraneiro da zona, por exemplo : Cando o Mondigo pon o capelo, todo as vellas temblan de medo.

Outros montes:  Foxas (196m), A Capela (182m), Vilar (205m), Penedo Corvo (435m), As Grandas (418m), Val das Eguas (438m).Cereixido (308m cerca del Mondigo), A Coroa (367m), Acebedo (314m), Canoiños (335m), Pico de Pastoriza (204m), Fontes do Lobo (186m), Santa Cruz (173m), Montes Vequeixo (378m).

Todos estes montes son bo lugar para facer excursións, abarcan un gran paisaxe de costa-mar

Obtiveronse datos de Wikipedia

 

 

Publicado por a333 @ 13:36  | geografia
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios