Martes, 29 de julio de 2008

Cando en Ribadeo se proclamou a primeira República, os munícipes decidiron retirar a coroa e substituíla por un gorro frixio, algo que Méndez San Julian comenta nos seus Apuntes sobre Ribadeo chamándolle barretina catalana que ni es artística, ni es bella, sino un pimiento puesto en la cabeza. Coa restauración, en 1875, reponse a coroa que permanece até a II República.

(...) A primeira corporación repúblicana, ao pouco de tomar posesión, discute o asunto: concretamente na sesión plenaria do 20 de xuño de 1931, o concelleiro Salvador González Alvarez propón a substitución da coroa real do escudo, pola coroa mural propia da República, pero-sorprendentemene, tendo en conta a fervenza política-, a moción é rexeitada. Hai que agardar nada menos que ano e medio, ate a sesión do 8 de decembro de 1932. No derradeiro ponto, o concelleiro socialista José Rodríguez interesa a retirada da fachada da Casa Consistorial do escudo e cora real, pero o tamén socialista Manuel Margolles propón cmo alternativa que tan só se realicen na referida coroa as modificacións precisas para convertela en mural, e en canto ao escudo que se quiten del mismo los atributos mnárquicos; e asi se aproba por unanimidade dos presentes que somente eran oito ese dia: o Alcalde, Rafael Fernández Cardoso e os concelleiros Rodríguez Pérez, Nistal Ares, Rodríguez Folgueira, Traveso Maseda e Alonso Fernández, ademais dos interventres xa citados.

O acordo executouse cumpridamene tal e como ainda hoxe podemos conemplar: a magnica coroa mural e no escusón-ou escudete- as armas de Ribadeo no canto das flores de lis. /Eduardo Gutiérrez Fernández (Libro das Festas Ribadeo 2007)






Publicado por a333 @ 7:58  | hist.ribadeocontemporanea
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios