S?bado, 02 de agosto de 2008
 

 

Hai mais praias das que se citan pero estas dispoñen de fácil baixada mais non son accesibles para persoas en silla de rodas exceptuando Os Bloques e Esteiro.
En Ribadeo temos gran número de pequenas calas as que se accede por carreiros de pescadores, polas rochas ou en barca e outras praias como Porto, Xuncos... en A Devesa

A praia de Augas Santas, coñecida de xeito turístico por Praia das Catedrais, está situada no termo da parroquia de A Devesa, no concello de Ribadeo. Ten unha lonxitude media de 1500 m., aínda que quedan reducidos a 320 m. segundo outras fontes, xa que está illada en varias porcións que ás veces se consideran independentes. O anterior, xunto cunha anchura moi variable debido a que a marea alta tapa toda a area en moitas partes dela, mentres noutras a baixa outras abrangue ata uns 100 m de anchura, danlle á praia un aspecto sinxelo. A praia en si é aberta con area branca e fina, bañada por unha ondada moderada. Algún ano ten disposto de bandeira azul. 

A Praia de Esteiro esta localizada no termo da parroquia de A Devesa; dispón dunha lonxitude de 60 m. (algunhas fontes aumentan esta lonxitude ata 100 m.). A anchura media ronda entre os 6 m. e os 10 m. Ten forma de ensenada, bañada polas augas do mar cun oleaxe moderado. O seu entorno está sen urbanizar sendo en zonas próximas a abundancia de pradeiras. Situada na ensenada do Cadramón (entre as praias das Catedrais e As Illas), é moi recomendable para os máis cativos, xa que na baixamar formase unha pequena lagoa na que se pode disfrutar do baño sen perigro. Tamén se sitúa cerca do Porto Deportivo de Foz. Todo o longo a praia podese percorrer pisando unha area branca e fina e non dispón de bandeira azul (pero non por iso deixa de haber concorrencia); polo cal tampouco é habitual que haxa un equipo de salvamento na zona, en todo caso, de haber algun ferido, sería traslado o Hospital Comarcal da Costa-Burela. Conta coa típica poboación faunística do litoral. A mesma praia (xunto coas praias de San Miguel de Reinante (Barreiros), As Catedrais, As Illas, Os Castros, Areosa e Olga (todas de Ribadeo), conforman a Zona das Catedrais, espazo natural protegido e catalogado como "Rede Natura 2000". O seu acceso ven dende Ribadeo pola estrada N-634 na dirección a Lugo, ata desviarnos por un ramal a dereita sinalizado, que nos leva xusto ata a praia. 

A Praia de As Illas, situada no termo da parroquia de A Devesa, e na zona da aldea de A Rochela. A súa anchura media estímase entre 9 e 10 m., e a súa lonxitude é de 750 m.(aunque outras fontes din ter 98 m.); sendo o nivel de ocupación alto nos periodos estivais. A praia dispón de area branca e fina, sendo unha praia aberta con ondulaxe moderado e rectilíneo. Conta coas especies faunísticas propias de cualquera praia, sobre todo aves. Enmarcada no medio dun paraxe rochoso de extraordinaria fermosura, igual que a veciña praia dos Castros, coa que se comunica na baixamar.

 A Praia dos Castros, situada nos confíns A Rochela; no termo da parroquia de A Devesa. Cunha anchura de entre 5 a 20 m. en termo medio e de 1500 m. de longo (noutras fontes dise ter 220 m.), esta dotada de area branca e fina. A praia en si é aberta, cunha ondada forte e ventosa, que lle confire á zona unha forma rectilínea. Conta coas especies faunísticas propias de calquera praia, sobre todo aves.

Está enmarcada no medio dunha paraxe rochosa de extraordinaria fermosura. A area altérnase con illas con covas e formas rochosas ás que se pode acceder facilmente na marea baixa. Está comunicada coa praia das Illas (situada ao seu carón) na baixamar. É idónea para a práctica do surf. Ademais, durante a marea baixa conta cunha pequena "piscina", (un reduto ao abeiro dun penedo de pouco máis de 2 x 2 m. que os máis cativos saben aproveitar).

A praia de Olga está situada nos límites da parroquia de Piñeira no concello de Ribadeo. Ten unha anchura media de 10 m. e unha lonxitude de 50 m. Ainda que a praia ten nalgunhas zonas area fina e dourada, xeralmente na súa maioría é de grava e area grosa, feito que fai que sexa pouco concurrida. Está bañada por ondas moderadas a fortes .

A Praia das Rochas Brancas, esta situada na zona da parroquia de Vilaselán no Concello de Ribadeo. Ten unha lonxitude de 115 m. e unha anchura media de 12 m. e está medio protexida do vento por un cantil (na beira do faro da Illa Pancha). A oleaxe, nesa praia, ten destruido o acceso nalgunhas ocasións

A Praia do Cargadeiro, esta situada na parroquia de Vilaselán no concello de Ribadeo. Nos seus arredores atópase o Conxunto Etnográfico do mesmo nome e o Castelo de San Damián e está o caron de outras pequenas calas, estas de pedra.

Praia dos Bloques. Na zona portuaria, está pegada o peirao de Mirasol. Era unha praia natural convertida (destruida?) pola man do home en artificial/Wikipedia


Publicado por a333 @ 7:48  | geografia
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios