Martes, 05 de agosto de 2008
 

 Músico galego (Viveiro 5 de agosto 1962 - Ribadeo 16 de maio de 2001), director de banda e trompetista, a máis de compositor, pedagogo, poeta, dramaturgo, ensaísta...

Creador da banda de Ribadeo, da Academia de Música Carlos Álvarez Fernández-Cid e da Escola Municipal de Música de Ribadeo (para a que se están facendo xestións para que leve o seu nome), das que foi director. Asi mesmo, tamén foi director con anterioridade da Coral de S. Cibrao. É autor de obras musicais para diversas agrupacións e de numerosos arranxos. Dirixiu musicalmente a Banda Sinfónica Muncipal de Ribadeo dende a súa creación (1992) ata convertila nunha das máis importantes de Galicia, grabando con ela dous discos, no primeiro dos cales gravou dúas obras súas.

Tamén foi un prolífico articulista, facendo incursións no ensaio e o teatro. A súa obra pedagóxica está recollida en múltiples conferencias e artigos recollidos en diversos medios e publicacións. A súa faceta literaria está exemplificada nalgunhas das súas obras teatrais como "Comunicando" e en multitude de poemas.

Asi mesmo tamén tivo intervención na política, incluído nas listas do BNGhttp://ribadeando.blogspot.com/2005/12/2-entrada-de-hoxe-biografa-de-hernn.html

 


Publicado por a333 @ 6:59  | nombrehistoriarib.contem
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios