Viernes, 08 de agosto de 2008
O proxecto anunciado consiste na construcción dunha ponte-grúa debaixo da que entrarían os barcos para afectuar as operacións de carga e descarga en menos tempo e realizarse de xeito máis cómodo.
No entanto, os problemas desta instalación serían:
● Aumentar a invasión da ría ao incrementar a superficie do porto e a construcción dos pilares de apoio da ponte-grúa;
● O efecto paisaxístico de levantar unha nave de cerca de 30 metros de altura (un edificio duns 10 pisos) para aloxar a ponte grúa e resgardar as operacións de carga e descarga, nun espazo moi próximo ao casco vello de Ribadeo declarado ben de interese cultural;
● A posibel alteración do fondo da ría polo dragado que, moi previsiblemente, será necesario efectuar para aumentar o calado do porto.
 ADEGA anima a todos os veciños da ámbalas beiras da ría a participar nesta manifestación xa que este non é o único proxecto que a ameaza, senón que tamén están previstos o proxecto de ampliación do estaleirto das Figueiras e máis o estaleiro de barcos de plástico reforzado no Concello de Castropol pero próximo á Veiga.
Estes proxectos afectan a unha ría que reúne todas as figuras de protección ambiental posibles: Zona ZEPA, Rede Natura 2000, Reserva da Biosfera e sen embargo estanse tratando polas administracións autonómicas coma si fora un terreo baldeiro e sen valor.
Estes proxectos en conxunto supoñen modificacións importantes das correntes na ría de Ribadeo un aumento do tráfico de embarcacións evitable.
O instrumento ambiental axeitado para avaliar estes problemas é a Avaliación Ambiental Estratéxica para isto precisamente están establecidos este tipo de estudos, avaliar a incidencia ambiental conxunta de proxectos sobre o mesmo territorio.
Esta Avaliación Ambiental Estratéxica non foi realizada en ningún momento e abordouse unicamente avaliando cada proxecto por separado utilizando os parciais informes ambientais que elaboran as propias empresas que presentan os proxectos e que adoecen da rigurosidade e seriedade que cómpre esixir.
O recente anuncio de FEVE e ENCE de transportar mediante ferrocarril a producción da celulosa cómpre ser tomado con cautela xa que de momento o proxecto da nave de Ribadeo non foi retirado e máis o organismo Portos de Galiza non recuou até o de agora das intencións iniciais.
ADEGA esixe ás administracións implicadas que avalíen seriamente os impactos ambientais destes proxectos e que aparte das reunións “gastronómicas” das Consellerías de Medio Ambiente da Xunta de Galiza e de Asturias tamén deben escoitar aos cidadáns e as súas lexítimas reivindicacións, para vivir nun medio ambiente ben conservado e sen contaminación.

Publicado por a333 @ 15:01  | nave puerto mirasol
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios