Lunes, 11 de agosto de 2008
 A hroa de cumprir co compromiso de pronunciar o Pregón da Xira son moitas as responsabilidades que seme oferecen, naturalmente excluindo as de tecer o eloxio da festa en versos propios, xa que non é ese o eido axeitado para que quen lles falase mova con soltura, ainda que si o é o de pedir prestados os poemas de outros e particularmente de aqueles que glosaron e enalteceron o instrumento musical que singulariza a Xira e que preside o monet da man do pétreo gaiteiro de traza románica. Pero non só me refiro a Rosalía de Castro ou Curros Enriquez cos seus impares A Gaita Galega e O gueiteiro, senón a figuras mais recentes, ainda que clásicas e que dedicaron liñas a esta festa e aos seus creadores e promotores, como é o caso de Eduardo Blanco-Amor a quen, ainda que xa lera, coñecin un dia de 1974 con ocasión da inauguración da Corredoira dedicada aos irmáns Suárez Couto. Naquela xa lonxana ocasión o semanario La Comarca recollía artículos do grande escritor ourensan, de Alvaro Cunqueiro, de Valentín Paz-Andrade e mesmo un breve poema de Celso Emilio Fereiro dedicado aos irmáns Carlos e Amando Suárez Couto, verdadeiros artífices da Xira, do Monumento ao Gaiteiro Galego e, no caso de Amando, do grupo de gaiteiras Saudade, aquel orixinal e singular conxunto ao que me gostaria hoxe citar aqui coma modseta homenaxe, porque o seu vencello coa Xira a Santa Cruz é evidente. Sobre Saudade chegou a escreber un breve articulo, en 1963 nada menos que Vicente Risco. A nosa é unha vila realmente prudente e mesurada á hora de exteriorizar os seus afectos, pero ten unha qurencia polo pasado que quizais significa aprazar o agarimo até que o paso do tempo sexa quen de obxectivar os zuizos e peneirar as vaidades. E por iso esta cita sobre o grupo Saudade e desde logro sobre Amando Suárez Couto, cuxo orixinal galeguismo callou antss da guerra no Coro Cantigas da Mariña, na xúa enxebre pintura que Evaristo Correa Calderón calificou de "arte racial", e na Biblioteca Popular Circulante. As de posguerra acreditan un pragmatismo obrigado-dadas as circunstancias-pero que nunca perde nen o acento, nen a emoción nen o sentimento galegos e, velái a Xira a Santa Cruz, o Monumento ao Gaiteiro e a fundación do grupo de gaitas Saudade, aparte claro do seu activismo a prol da Biblioteca El Viejo Pancho.
E con isto entramos, sen chave e de esguello, naquel eido que a un lle pode resultar mais doado e que intentarei que avostedes lles resulte  menos plúmbeo: o da historia, ou case mellor o da pre-historia no sentido figurado. Asi-se me permiten a brincadeira-evitarei esa parte da historia que para algúns precisaría aquela especie de disculpa de "a historia absolverame". Acollereime pois a esa outra máxima tan ribaense, por universal, que sinala que "os camiños do Señor son inescrutables"
Sempre houbo xiras e o termo vai asociado ao campestre; mesmo baixo o acobillo dste tipo de excursións con xantr facianse reunións de tipo político a finais do seculo XIX e comezos do XX por parte de organizacións obreiras, particularmente anarquistas. Non é desde logo o caso de Ribadeo, que nós saibamos, perosi que tiañn lugar xiras de pouco recorrido, por exemplo ao Xardin daquela totalmente nas aforas da vila, e mesmo verbenas nos Canapés, aparte naturalmetne das xiras ou paseos marítimos tan propios que logo se chamou Belle epoque. Msmo nalgunha ocasión producironse alborotos que logo eran recollidos e magnificados pola prensa local. Pero isto nada ten a ver con Snta Cruz, onde se facian romaxes desde antigo; o propio Suárez Couto ten un cadro titulado Romaxe en Santa Cruz pintado en 1902. Mais recuando no tempo moito menos, a festa consistia fundamentalmente en subir ao monte a pé, cargando coas bolsas e cestas que contiñan o xantar,disfrutar do día, da paisaxe e da compaña e baixar á noitiña. En boa medida tiña unha componente familiar, xa hai tempo moi amingoada e substituida polos grupos ou pandillas de xente nova. O que realmente permanece e racteriza a celebración e a gaita e todo o que ela significa, e msmo un fermoso monumento ao gaiteiro galego obra de Failde. Pero xunto coa homenaxe aos irmáns Suárez Couto, á que ants nos referimos, hai outros dous fitos na historia da Xira: o primeiro a inauguración do Monumento ao Gaiteiro Galego. Que cada quen percure nas súas lembranzas aqueles días, se chega a eles, oun na conmemoración da efeméride 25 anos despois. Na gaveta da miña memoria mestúrase a realidade de aquel día de agosto de 1965, cunha engaiolante pelicula de Carlos Díaz Suárez que vin moito despois, onde aparece o ministro de Información e Turismo, a Coral Polifónica de Ribadeo e o tenor Manuel Cortes recitando con estentórea voz O Gaiteiro de Curros Enriquez. Pero o que si teño por certo é que acudin á conmemoraación dos vinte e cinco anos, xa como Alcalde; pero isto, ainda que comeza xa a ser distante, ios omitilo porque para mirar o prsente ou o recente, ás veces compre unha peneira, un cendal, mentras que ao pasado podémonos asomar sen lentes de sol. E x que en vivencias andamos debo sinalar que ocupando quen lles fala un posto directivo na Agrupación Cultural Francisco Lanza recibimos de mans do Dr. Mario López Durá e outros directivos de Amigos da Gaita o encargo de facernos cargo da Xira,sequer transitoriametne, cousa queaceptamos levados por ese ímpetu xuvenil tan característico de aquel tempo. Aquela xente, pasounos información, datos de todo tipo, enderezos, o guión para as xestións ineludibles, etc. pero ademais, con grande sorpresa pola nosa parte, unha especie de caixón que contiña todo un xogo de pratos fontes e cubertería varia ou sexa a menaxe para montar a mesa oficial na que non só se sentaban as forzas vivas, senon tamén os propios integrantes dos grupos de gaietrios que acudían á festa. Algúns non viron con bos ollos o cambio producido, isto é a substitución das cadeiras polo enxebre chan á sombra dos piñeiros, mais para nos tiña o msmo carácter enxebrizador que para os nosos predecesores prescindir do clarinete nos grupos de gaitas. Curiosamente, os únicos que chiaron foron os gaiteiros. Afortunadamente non foi o único cambio: introduciuse o uso do galego na cartelaria e mellorouse esta adoptando unha nova estética; ademais encheuse o monte de bandeiras galegas; isto é ,o que hoxe é normal e hai un cuarto de sécula unha "excepción", substantivo por certo que viañ de ser moi utilizado nos anos inmediatamente anteriores. Lembremos o ano: 1977, ou sexa un antes da Constitución, dous antes dos primeiros concellos democráticos e catro antes do Estatuto de Autonomía de Galiza e engadamos tamén que -naquela barafusta-a primeira felicitación pola prestada organización da Xira procedeu da Sociedade de Amigos da Gaita. Por iso falaba eu antes da "prehistoria"
Eu creo que a festa callou moi fondo en Ribadeo dende hai xa varias xenaracións, e resulta moi dificil non atopar algún retallo biográfico propio vencellado á festa de algun xeito: as lembranzas de neno co asombro do estrondo de gaitas, foguetes e moitedumes, o balbordo na época xuvenil con ribetes de festa lúdicas total e as calidadse musicais sdosconcorrentes en bailes e múxicas xa de maiores, ou a escolma de eloxios literarios tecidos ao longo de tantos anos por prumas propias e alleas, porque o lugar é realmetne paradisiaco, pola paisaxe que desde esta atalaia se divisa, e tamén, polo simbolismo inherente a todos os cumes que dominan vales e vilas, humanizados dende hai séculos como demostra a capela que aqui se ubica, aparte da cruz. Por iso, cando o 28 de xuño de 1936 foi submetido a plebiscito o primeiro Estatuto de Autonomía, as organizacións do vello Partido Galeguista de toda Galiza decidiron acender fachos e fogueiras comemorativas nos montes e currutos de todo o pais. A organización de Ribadeo elexiu o lugar máis simbólico e emblemático para que fora divisada desde toda a ribeira: Santa Cruz. Aquela labarada de esperanza frustrouse e tiveron que pasar moitos anos  para recuperala. Pero hoxe as nosas miradas dirixense cara aló durante todo o ano e tripan aquel cume o primeiro domingo de agosto para a lediza nos asolague a t odos arrolada polas gaitas como f ondo dos cantares, foguetes e xantares. Os costumes van cambiando segundo avanza o tempo, pero en Santa Cruz mantese o esencial para que a cita perviva: unha organización cmo é Amigos da Gaita que erma dela, a Sociedade do Monte que o coida, e a paisaxe, o ambiente, a música e baile propios.
E debo rematar facendo o panexírido non só da Xira no seu aspecto lúdico-que tamen-senón na trefa de dignificación da nosa música popular, dos seus ancestrais instrumentos de gaita e percusión e tamén da vestimenta enxebre. Aqueles porque nos acompañan deste tempos medievais aledando os momentos de lecer dos nosos ancestros e os segundos quizais recreados e idealizados posteriormetne, pero desde logo tamén moi vencellados a Ribadeo e non hai mais que acudir a pintura de Fierros para aprezalo. E esa liña continuou co depurado vestiario co que outro pintor, Suarez Couto, dotou ao temperón Coro Cantigas da Mariña, e se houbera que continuar sinalando fitos o primeiro grupo feminino de gaitas e un Instituto que contou cunha tuna composta por gaiteiros e danzantes, no canto de guitarras e laúdes.
Señoras e señores. para os precursores a nosa lembranza, para os seguidores e epígonos a nosa homenaxe, para os que continúan no labor a nosa felicitación e para os que mañan suban a Santa Cruz, azos. Saúde para todos e moitas grazas


Ribadeo, 2 de agosto de 2000. Eduardo Gutiérrez Fernández. Recollido en La Cmarca del Eo de 9 de agosto de 2008
Publicado por a333 @ 15:09  | saudade
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios