Mi?rcoles, 13 de agosto de 2008
 

Aínda que é unha das parroquias máis montañosas de Ribadeo, cunha altitude media de 440 m. ten dous vales: o sector central, regado polo río Arante e o sector norte, regado polo río Lexoso (que é onde vive a meirande parte da poboación). Os 271 habitantes, segundo o censo de 2004, están agrupados en 8 entidades e 5 lugares, cunha densidade media 19'2 hab/km2.

As entidades de poboación son O Barredal (27), Os Bestilleiros (23), Cei (44), Cima de Vila (17), Fondo de Vila (23), A Ponte (14), Remourelle (98) e Vilamariz (25). Os lugares (que adoitan formar parte dalgunhas das entidades) son Os Fornos, A Madanela, As Pereiriñas, Portobragán e Rego de Mel.

A parroquia está documentada como Alanti.

A parroquia de Arante aparece citada en varias ocasións no libro de Francisco Lanza "Ribadeo Antigo", referíndose a existencia dun castro levantado sobre un montículo natural. Dentro de termo existen varias capelas, como a de Santa María Madalena, no barrio de Remourelle, e a da Nosa Señora das Virtudes no da Ponte. Pero segundo outras fontes a parroquia recibe o seu nome do río Arante que flúe ó pé do seu val. Este nome está formado pola raíz indoeuropea Ar (correr, fluír), e polo sufixo ante, moi frecuente en formacións preromanas de raíces hidronímicas, como Serantes, Amarante, etc.

Ademais das capelas mencionadas, destaca a igrexa parroquial de San Pedro de Arante, do século XVIII. Dispón dunha nave central cuberta por bóveda de canón e arcos de medio punto que remata noutra bóveda de pavillón sobre tres arcos de pedra, tamén de medio punto. No seu interior, tres retablos: dous deles barrocos e o outro clásico.

Xa na aldea da Ponte (ademais da capela) resalta a celebración dunha romaría de orixe medieval, que conmemora a vitoria sobre os franceses. É unha festa de gran colorido onde se sacuden uns pendóns de cores. Ten un gran valor histórico a recuperación realizada nestes últimos anos desta festa.http://gl.wikipedia.org/wiki/Arante%2C_Ribadeo

 


Publicado por a333 @ 7:03  | parroquias de ribadeo
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios