Linda coas parroquias de Piñeira e Ribadeo (a cal xa absorbeu algunhas das aldeas desta parroquia no norte), Villapol (que o limita a Ría de Ribadeo de Asturias) polo leste, Vilausende (coa que fai límite a través de río Grande, no sur) e Cobelas e A Devesa (no oeste).
É unha freigresía pertencente o arciprestado de Ribadeo que ten 439 habitantes agrupados en 27 entidades de poboación e 9 lugares cunha desidade media de 25'5 hab/km2 segundo o censo do 2004.
A igrexa é do século XVII, con retablo rococó no presbiterio, de dous corpos. Nas naves laterais, outros dous do mesmo estilo. Sufriu varias reformas posteriores. No lugar da Graña encóntrase a capela de Santo Estevo, cun retablo barroco dun corpo e tres hornacinas, tamén se atopan as capelas de Santa Cruz, San Lazaro e Santo Estebo, e na aldea de A Frieira esta a capela de Santa Lucia.
Unha ponte romana atravesa o río da Palmeira, na cal antigamente había sete muíños de auga; tamén houbo un muíño de vento do cal quedan restos conservados polos donos.
En As Aceñas moliños de mareas/Wikipedia