Lunes, 25 de agosto de 2008
Limita coas parroquias de Cubelas (no norte); Vilausende e Couxelas (no leste); Balboa e Vidal (o sur, pertencentes o concello de Trabada) e Arante no oeste. O río Grande fai de límite nunha das zonas, a él vai para o regado de Queixadoiro; Xa no sur o regato da Ferreira fai de limite con concello de Trabada. Os seus 182 habitantes, segundo o censo do 2004, agrupanse e 11 entidades de poboación e 3 lugares o que proporciona unha densidade de 25'3 hab/km2.
  • As entidades de poboacion son as seguintes: Barreiros (8), A Currada (29), A Igrexa (10), O Pedregal (9), Piñeiro (50), A Ponte (abandonado), Queixoiro (7), Requiande (36), Santo Antonio (7), Teixido (15) e A Trapa (11).
  • Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: O Burgo, A Granda e A Torre.

Segundo Amor Meilán esta freguesía sería a antiga "Cito Facha" que xa figuraba no cambio feito polo bispo Paio de Cebeira co rei Afonso IX, no ano 1202. Dentro do térmo encontrase a torre de Cedofeita, construida, como mostra de poderío, para a defensa da facenda. A parroquia tivo o seu gran momento no século XIX, cando coas parroquias limítrofes, crearon o concello de Cedofeita independizándose así do concello de Ribadeo. Sen embargo, esta independencia durou pouco tempo xa que a integridade territorial do municipio de Ribadeo foi restaurada pola Xunta de Goberno da vila no 1843.

Documentada tamén como 'Citofacta', outras fontes remarcan o nome de Cedofeita ten a súa orixe na palabra latina Citofacta, composta polo adverbio latino cito ("axiña, cedo") e factum, participio do verbo latino facio, ("facer"). Así pois, de cito, que cambia a -t- en -d- (como catena a cambia en cadea) e a -a- de facta evoluciona a -ei- (como magus a meigo) acadándose a súa forma actual, Cedofeita, co significado de algo que foi feito, non 'fai moito tempo', senón en curto espazo de tempo, 'axiña'.

Uns terceiros o expresan do seguinte xeito: "Provén este nome do latín cito facta (que en castelán sería: temprano hecho), traducido como cedofeita, aínda que en galego diríase feito cedo". Ó parecer demanda o seu nome do Pazo de Cedofeita, como veremos mais adiante.

Pódese botar unha ollada a igrexa de Santa Mª Madanela e do Viso (Natividade) en Cedofeita, A da Nosa Señora do Carme e a de Santiago na aldea de Piñeiro. Pero o monumento máis resainte é o Pazo de Cedofeita. Edificio costruído entre finais do século XV e principios do XVI, fundado por Lope García de Cedofeita. De planta rectangular, fabricado en cachotería pizarrosa e cadeiría de granito en vanos e esquinais, con cuberta de lousa a catro augas e con chimenea-torre. Composto dun corpo con baixo e primeiro piso e unha torre de dous andares, con remate en almeado. O conxunto complétase cun hórreo, un pombar circular, un muíño e unha pequena capela de estilo barroco rococó e con espadaña dun so vano. Todo iso está rodeado por un alto muro con dúas portadas, unha das cales leva a fachada principal, onde se encontra o escudo de armas, e a outra, orientada o norte, conduce ata unha escalinata de pedra pola que se accede a vivenda. O escudo de armas de madeira sustitue a un anterior de pedra, cos linaxes dos Armada, Cid, Pedrosa, Sánchez, etc... A propiedade privada non e visitable. E situase a uns 8 kms da vila de Ribadeo, o caron da estrada, ten un recinto amurallado cunha zona de cultivo, árbores frutais e xardín/Wikipedia


Publicado por a333 @ 16:11  | parroquias de ribadeo
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios