Mi?rcoles, 27 de agosto de 2008
 

O documento cartográfico do que nos imos ocupar foi adquirido pola Bibliothèque Nationale de France a un tal monsieur Challus o 27 de setembro do ano 1848. Trátase dun vello pergamiño coloreado, sobre vitela, de aproximadamente 110 centímetros de longo por 70 de ancho, que ofrece a particularidade de presentar, nas súas dúas terceiras partes, un Portolano, mentres que o resto, o situado á súa esquerda, contén un pequeno Mapamundi circular arrodeado polas nove esferas celestiais. O documento está todo el realizado con tintas negra, sepia, roxa, verde e azul, con aplicacións douradas, e distintos tipos de letra.
     Del debemos dicir que, no que a Galicia se refire, e de norte a sur, ofrécenos as seguintes indicacións:
Ribadeo, Bivero, St. Marta, Perol —conxecturalmente, Ferrol—, Curunna, Mugia, Sisargas, Finis Terra, Noia, Pontevedra e Baiona. Así mesmo, amosa un enorme templo románico, o de Compostela, única representación en todo el que non ostenta ningunha clase de pendón ou bandeira. Contén, así mesmo, a referencia: "Europa, ab Europa rege neab Europa Agenoris filia, enim vocata et bocatur tercia pars mondi et incipit ab flumen Tanai et finitur in Galliciea in capit Finis Terra". "Europa, así chamado do rei Europo e de Europa, filla de Agenor, considerada unha das tres partes do mundo, comeza no río Tanais —o hoxe denominado Don— e remata no cabo Finis Terra en Galicia".
    Tanto polas súas dimensións como polo seu ornato a "Carta" parece tratarse máis dun ostentoso documento oficial, ou quizais un agasallo, que dun simple instrumento de traballo. Unha obra, en suma, moi fermosa, e posiblemente destinada a ser lida. José Comellas mesmo aventura a posibilidade de que fose feita "
para un gran señor, por un gran cartógrafo"

Xoán Bernárdez Vilar

Fuente: Biblioteca Virtual Galega

  http://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=A%


Publicado por a333 @ 7:03
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios