Viernes, 29 de agosto de 2008
Publicado por a333 @ 9:35  | nombrehistoriarib.contem
Comentarios (0)  | Enviar

(Saint Albans, Inglaterra, 1941) é un hispanista inglés que ten promovido o coñecemento
da cultura galega, especialmente da súa literatura.

John Rutehrford é profesor do Queen's College da Universidade de Oxford e dirixe o Centro
de Estudos Galegos desta universidade. Foi presidente e vicepresidente da Asociación Internacional
 de Estudos Galegos.
Coordina o Obradoiro de Tradución Galego-Inglés do Queen's College, que traduciu e publicou a Castelao
 e Mendez Ferrín. Outros autores traducidos, que aínda non viron a luz en formato libro, son María Mariño,
 Carlos Casares, e Eduardo Blanco-Amor, entre outros. É coñecido por ser autor da tradución inglesa de
 dous clásicos da española: La Regenta e O Quixote. Tamén publicou unha novela en galego, As frechas de ouro'
(Vigo: Galaxia, 2004), sobre o Camiño de Santiago.

A súa vinculación a Galiza débese ao seu matrimonio cunha ribadense; reside en Ribadeo
parte do ano. O 24 de xuño de 2007 recibiu o Premio Trasalba pola súa contribución á difusión da lingua,
 a cultura e a literatura galegas

Ingresará o 4 de outubro do ano en curso na Real Academia Galega


Comentarios