Lunes, 01 de septiembre de 2008
Publicado por a333 @ 19:51  | nombrehistoriarib.contem
Comentarios (0)  | Enviar
 

Enxeñeiro de minas nado en Dörnberg, (Alemaña, a 10km ó oeste de Kassel) o 6 de marzo de 1805 como 'Wilhelm Phillip Daniel Schulz', desenvolveu o seu labor en España, estando afincado en Ribadeo varias décadas. Ten no seu haber diversas publicacións derivadas dos seus estudos xeolóxicos, entre as que se atopa o 'Descripción geognóstica del Reyno de Galicia' (Primer mapa xeoloxico publicdo en España) Faleceu o 1 de agosto de 1877 en Aranxuez (España).
 

En agosto de 1826 trasladouse a España. En 1830 é nomeado Comisario de minas. En 1833 é ascendido a Inspector de Distrito en Galicia e Asturias. Neste tempo elaborou escritos fundamentais sobre a minería en España e as minas de carbón. En 1844 converteuse en Inspector Xeral destinado en Asturias.

A raíña Isabel II distinguiuno en 1849 polos seus méritos. De 1854 a 1857 foi profesor na Escola Especial de Enxeñeiros de Minas de Madrid. Despois foi presidente da comisión que debía realizar o mapa geológico de España. Con este mapa debían atoparse os tesouros do chan do país para a súa posterior explotación. En 1857 foi vicepresidente do Instituto Geológico de Madrid.

Guillermo Schulz é considerado un pioneiro da xeoloxía e a minería en España. Adquiriu un alto recoñecemento científico e un mérito polo seu impulso da minería española.

Morreu ós 72 anos en Aranxuez, onde se retirou a vivir os seus últimos anos. Existe un monumento no seu honor no seu lugar de orixe, Dörnberg, feito en 2005./Galipedia


Comentarios