Mi?rcoles, 10 de septiembre de 2008

Barrios Noceda, Meirengos, O Barral, Cinxe, O Rato, Pedreira, Vilandriz, Vilagoiz,

O seu nome deriva do latín Defensa, "protexida", que perde o n ante o s na súa evolución, como mensa / mesa, quedando así Defesa, como xa aparece atestiguado no ano 924. O f latino, sonido fricativo fortemente sonorizado, convértese nun v dándonos a súa forma actual Devesa, co significado de "Vila fortemente defendida" que logo pasou a designar esta parroquia.

O templo parroquial (a Igrexa de Santa Eulalia) é do século XVI, pero con reformas posteriores. Dispón dunha nave con bóveda de aresta nos tres tramos, sobre arcos faxóns. Na fachada un arco escarzano e unha torre de dous corpos rematada pola cúpula de media laranxa. No seu interior, un retablo neoclásico do século XIX e tres barrocos do XVIII. En canto á orfebrería posúe tres cálices e un copón, de prata e ouro. Existen, ademais, dentro do térmo parroquial tres capelas, baixo as advocacions de Santa Filomena, San Roque e San Ramón (cun retablo barroco do XVIII, o que se lle incorporou un Cristo do século XVII). Na zona de Os Castros podense percibir aínda restos de castros celtas de certa importancia. Tamén se localizan o CÍrculo Habaneiro, a Casa Place, a Casa Maseda e outras de estilo colonial ao carón da estrada xeral.

Mención á parte merece o Albergue Xuvenil, un campamento que se abre no verán para realizar acampadas. Tamén atopamos unha cooperativa agrícola "Os Irmandiños", un dos modelos que contribuíu a dar empuxe ao concello no ámbito municipal das actividades. Pero tamén hai que falar das praias do seu termo, sobresaíndo a chamada Praia das Catedrais (coñecida de sempre no lugar por Praia de Augas Santas) pertencente á zona de "O Rato", pero tampouco debemos de desprezar as praias de "As Illas" e "A Rochela" (ámbalas dúas na zona da Rochela) e "Esteiro" (dentro da zona do mesmo nome)/ Wikipedia

Tamen existen castros na zona de Meirengos e xacementos arqueoloxicos da época romana en Esteiro

 


Publicado por a333 @ 18:08  | parroquias de ribadeo
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios