S?bado, 13 de septiembre de 2008
 

 Paco Lanza, (Ribadeo, 26 de marzo de 1892 - Bos Aires, 16 de xaneiro de 1951), foi un periodista e escritor, autor da obra vertebral da historia ribadense, Ribadeo antiguo.

Fundou en 1919 o semanario local La Comarca (que aínda pervive), de tendencias liberais e progresistas, no que escribiu numerosos artigos baixo os pseudónimos de El Montañés ou Un labrador gallego. Colaborou tamén na revista Nós e no Boletín da Real Academia Galega, onde publicou diversos traballos históricos e etnográficos sobre Ribadeo, así como en El Faro de Vigo e El Sol (Madrid). Tamén foi membro do Seminario de Estudos Galegos.

En 1931 emigrou a Bos Aires, onde traballou en diversos periódicos e publicacións ata o momento da súa morte.

As súas obras máis significativas foron:

  • Ribadeo antiguo: noticias y documentos (Madrid, 1933; reeditado por Ediciós do Castro en 1973).

  • Falan os de Ribadeo (publicado en Nós en 1933, nn. 114, 116 e 118) (reeditado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza en 1974).

  • Dos mil nombres gallegos (Bos Aires, 1953). 

    http://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Lanza"


Publicado por a333 @ 15:38  | nombrehistoriarib.contem
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios