Martes, 30 de septiembre de 2008


Un, que aqui non naceu,
vaibos hoxe a contar
todo o que viu nesta vila
un que veu a pasear.
Subiuse a Santa Cruz
viu a vila alo no baixo
co´seus grandes caserios
a´suas terras, e seus prados
A un lado viu a ria
(¡e que galana bos e!
está propia para cantala
un Pondal e un ChanéGui?o
Viu log´a Pena Furada
ali no medio da ría
e cando mirou para ela
fuxironlle as peniñas.
Foy logo ver a Farola
que c´a sua Isla Pancha
dirixe os mariñeiros
de vapores e de lanchas
Dend´o alto d´Atalaya
poido tamen admirar
a Castropol as Figueiras
y a Torre de San Roman
o muelle de Figueirua
tamen o de Porcillan
e as suas lanchiñas dentro
cal pombiñas no pombal
Subindo a carretera
que dende este muelle vay
chegou a Obras Pubricas
y o barrio de Guimarán
seguind´asta Fonte Nova
as Catro Calles foy dar
ond´a vida d´esta vila
puido moy ben comtemprar
(Aqui polas mañas cedo
as leiteiras contas botan,
d´o leite que a venderon
e d ´o leite que lles sobra)
Foy log´a Praza de Abaixo,
d ´aqui hasta Cabanela;
e despois d ´andar un pouco
foy a salir a Pedreira
Deiqui seguiu hast´a Alza
camiño d´o Cemiterio
que por ser lugar de mortos
non quixo chegar a velo
E dando a bolta p´atras
foise chegar a Regueira
caminou hast´a Faxarda
e logo foy a Lodeira
Viu rapaciñas galanas
(e feas tamen hay)ç
que levan lume nos ollos
e garbo no camiñar
que cimbrean canto poden
pol´a calle principal
cand´estando boa noite
salen todas a pasear
Do Xardin os eucalitos
contaron tempos pasados
o mesmo ca Vilavella
onde oxe paseamos
Saleu todo encantado
d´os fidalgos q´aqui son
levando moitos recordos
gardados no corazon.

Inocencio González.Recogida en Las Riberas del Eo 4 de Noviembre de 1933


Publicado por a333 @ 19:32  | poes?a-canci?n
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios