Mi?rcoles, 22 de octubre de 2008
Teresa Rodríguez Ruiz, en nome e representación de Atalaia, con enderezo a efectos de notificación en A Torre -Ribadeo
 
EXPON:
 
Que nestes últimos tempos Atalaia ven sostendo conversas coa Delegada de Cultura neste Concello  para poñer nome a rúas que non o teñen ou o que ten carece de significado, como poden ser a baixada que vai dende Clemente Martínez Pasarón a Buenos Aires, a Peonil de Calvo Sotelo a Rosalía de Castro, Calexón que sube dende a Avenida Calvo Sotelo ó Grupo Xibraltar, Via Transversal ou o chamado Aparcamento Municipal
 
Os nomes foron levados a pasada reunión do  Consello Sectorial da Muller que aceptaron por unanimidade os propostos para as mulleres, non asi o de Remeros de Ribadeo e o de don Amando Suárez Couto.
 
Obra en poder do Departamento Municipal de Cultura a documentación que avala o que dende Atalaia se pida nome de rúas para os que remaron por Ribadeo e para quen traballou por e para Ribadeo e a súa xente
 
 "Fartos estamos de saber que pobo que esqueze as súas tradicións e ten malquerencia a canto significa enxebrismo e pobo morto, e pobo sen alma nin destinos na historia...Ribadeo, como outras vilas, achou eses homes bos e xenerosos", palabras de don Amando que neste caso son de aplicación.
 
Pregamos se sirva levar o Pleno no que se vaian a nomear rúas a maiores das expostas no Consello Sectorial, a petición que eiqui se fai  sobre don Amando Suárez Couto e Os Remeros de Ribadeo.
 
Asemade pidese que a Casa da Xuventude pase a nomearse de Amando Suárez Couto cunha exposición permanente sobre a súa vida e obra na pranta baixa do edificio.
 
 
SR ALCALDE DO CONCELLO DE RIBADEO


Publicado por a333 @ 15:36  | proyecto
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios