Mi?rcoles, 22 de octubre de 2008
 
De sempre noso Ribadeo e un pobo aberto a toda sorte de iniciativas culturais. Tivo decote os homes necesarios, a minoria precisa. Homes como Lanza, que sinalaron roteiros novos e foron esgrebios no ampito rexional e nacioal. Paresce doado aproveitar a oportunidade para sinalar a terribel inxustiza que supon o feito de que nin unha rua, unha lápida, nin un moimento de perennidade popular rexistre a permanencia do transito do pintor Fierros na nosa Vila. Igoal poderia decirse de Lanza. Un pobo que esqueza os seus homes esgrebios non merece terlos.
No vindeiro tera Ribadeo que sere xusto nos mesmos termos coas importantes figuras de Suárez Couto, Gamallo Fierros, Prieto Coussent... Para moitisimas vilas, unha soila destas figuras encheria cen anos da sua existencia cultural, da sua aportación en fillos ilustres ao mundo do espirito. Ribadeo ten isos e mais, e non parece decatarse da enorme carrega de esforzo, de traballo e de cualidás cualificadas que hai que "poñer en marcha" para producir unha sensibilidade estética como a de Suárez Couto ou a tremenda acumulación e amoreamento de conocimientso "menéndezpelayescos" que un Gamallo Fierros leva en si.
Daniel Cortezon no Libro das Festas de Ribadeo de 1972.

*Cos que eiqui aparecen citados Ribadeo foi cumprindo exceptuando nos casos de  Suárez Couto e Prieto Coussent.
Atalaia pedirá mais adiante homenaxes a outros persoeiros ilustres desta Vila e entre eles estará don Benito Prieto Coussent. https://atalaiaasocvecinos.blogcindario.com/2008/06/00041-benito-prieto-coussent-nace-en-ribadeo-el-6-de-junio-de-1907.html

Publicado por a333 @ 20:40
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios