Sr. D. Ignacio Rodríguez Eguirar
Director Xerente
S.A. De Xestión do Plan Xacobeo
Pavillón de Galicia. San Lázaro s/n.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Ribadeo, 28 de outubro de 2008
Estimado Sr. Eguíbar:
Diríxome a vostede, en representación da Asociación de Veciños Atalaia de Ribadeo, para expoñerlle un tema no que estamos a traballar desde o noso colectivo.
Dentro das nosas actividades está a de contribuir á valorización dos elementos patrimoniais do concello de Ribadeo; dentro destos atópase a CAPELA DA VIRXE DO CAMIÑO, ubicada no que posiblemete fora nalgún t empo unha ruta xacobea costeira e de longa tradición na nosa Vila. Por unha serie de características que posúe este templo (presenza nas fiestras laterais do Árbol da Vida, a cruz da fachada principal, a chave que aparece nun escudo&hellip, entendemos que se trata dunha capela templaria, polo tanto, fortemente vencellada ó Camiño de Santiago.
Quixéramos, pola presente, solicitar do departamento que vostede xerencia que se estudie a posibilidade de realizar un proxecto de rehabilitación que permita a posta en valor da capela, recuperando, na medida do posible o seu estado primixénio.
Agradecéndolle de antemán as súa atención e na espera de noticias, reciba un cordial saudo.
Teresa Rodríguez Ruíz.
Asociación de Veciños Atalaia.Enderezo Notificación