Viernes, 14 de noviembre de 2008

 

Os que abaixo asinan queren deixar constancia do seu DESACORDO pola imposición, por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, dun número de tarificación especial (902077333) para as solicitudes de cita previa nos Centros de Saúde. Este cambio respecto da situación anterior (lembramos que ata hai ben pouco tempo o custe para o cidadán era o dunha chamada local) resulta gravoso para as economías familiares dos moitos usuarios deste servizo que se ven obrigados a pagar unha cantidade maior; a esto temos que engadir que ó tratarse dunha centraliña onde a maioría dasveces deixan en espera ó solicitante, o custe e aínde superior.

 

SUXERIMOS que, de non ser gratuito para os usuarios este servizo, repoñan o tipo de teléfono convencional que se viña empregando; hoxe en día coas tarifas planas de internet, moitos usuarios poderían solicitar cita previa sin coste algún.

 

O DEREITO constitucional de tódolos cidadáns a unha asistencia sanitaria digna choca co animo de lucro que se desprende desta imposición á cidadanía por parte da Consellería, e máis nestos tempos de crise e recesión económica.

 

SOLICITAMOS TOMEN EN CONSIDERACION ESTA QUEIXA CIDADÁ E PROCEDAN A MUDAR O SISTEMA DE SOLICITUDE DE CITA PREVIA QUE NOS QUEREN IMPOÑER

 

NOME E APELIDOS

 

 

DNI/NIF

 

SINATURA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



NOTA: Quién quiera colaborar que copie y pegue y mande las firmas a la siguiente dirección: Atalaia/Acevedo Rguez 4/Ribadeo 


Publicado por a333 @ 9:32  | proyecto
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios