Pola presente convocase os membros de Atalaya a asamblea que como cada mes terá lugar o vindeiro xoves día 4 de decembro, as 17:30 horas na Casa da Xuventude coa seguinte Orde do Día:
1-Lectura e aprobación no seu caso da acta anterior.
2-Sala de exposicións do Campo de San Francisco solicitada do 23 Febreiro a 1 de marzo. Realización da exposición. Condicionantes
3-Presentado o Concello con data 17 de novembro a solictude de reunión do Alcalde para tratar dos Centros da 3ª Idade/Situación de dependenza asinado por varios colectivos/Presentación na prensa da campaña co número 902 de cita previa//Fixar representantes de Atalaia caso de reunión co Concello.
4-Comezouse a traballar na potenciación dos grupos musicais/teatro… de Ribadeo. Contactos establecidos co Centro Comercial Aberto/Fundación da Mariña Oriental
5-Xestións para conseguir local/ Establecer conta en Cajastur
6-Do Boletín Ribadeo-Muller ¿Por qué non aparece nada do falado coa Concelleira sobre nomes de mulleres dado que Teresa Rguez pasou documentos sobre ese particular durante o verano.
-Qué pasa cos nomes de rúas para don Amando Suárez Couto e Remeros de Ribadeo, despois das conversas coa Concelleira de Cultura? E das cabezas dos antigos Cocos?
-No Pleno celebrado o 17 de novembro foi aprobado un Regulamento e unha taxa ¿Vamos presentar alegacións?