Viernes, 28 de noviembre de 2008
Publicado por a333 @ 18:29  | BOP
Comentarios (0)  | Enviar
En cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985 de 2 de abril, modificada pola Lei 11/1999, faise público que o Concello Pleno en sesión celebrada o 17 de novembro de 2008 prestou aprobación inicial ao Regulamento de Réxime Interior do Hospital Asilo.
De conformidade co indicado sométese a información pública durante o prazo de trinta días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no B.O.P. de Lugo. Durante dito período as persoas interesadas poderán examinalo nas oficinas da Secretaría Municipal e presentar, no seu caso, as reclamacións ou alegacións que estimen oportunas. De non se presentar reclamacións ou alegacións ao mesmo entenderanse automáticamente aprobado de xeito definitivo.
Ribadeo, 18 de novembro de 2008.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA.

Anuncio

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local,modificada pola Lei 11/1999, e do disposto asimesmo no art. 17 do vixente Texto Refundido da Lei de Facendas Locais faise público que por acordo plenario de 17 de novembro de 2008 se prestou aprobación inicial a imposición e ordenación mediante a ordenanza de prezo público pola prestación de servizos no Hospital Asilo Municipal, quedando exposta ó público na Secretaría Municipal por prazo de 30 días contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio no B.O.P. e a efectos de audiencia e presentación de reclamacións e suxerencias.
De non se presentar reclamacións ou suxerencias á mesma entenderase automáticamente aprobada de xeito definitivo.
Ribadeo, 18 de novembro de 2008.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA.
Anuncio

De conformidade co disposto no artigo 17 do RDL 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o TR da Lei Reguladora das Facendas Locais e art. 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, modificada pola Lei 11/1999, faise público que por acordo plenario de 17 de novembro de 2008 se prestou aprobación inicial á modificación das ordenanzas reguladoras dos impostos, taxas e prezos públicos deste Concello que de seguido se transcriben:
ORDENANZA FISCAL I1. Reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles.
ORDENANZA FISCAL I2. Reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas.
ORDENANZA FISCAL I3. Reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
ORDENANZA FISCAL I4. Reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T1. Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local para a apertura de gabias, sondaxes e calas en terreos de uso público local, inclusive rúas, camiños e demáis vias públicas locais, para a instalación e reparación de canos, conduccións e outras instalacións, así coma calqueira remoción de pavimento ou beirarrúas na vía pública.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T2. Taxa pola ocupación privativa ou aproveitamento especial do dominio público local consistente na ocupación de terreos de uso público con mercancías, materiais de contrucción, entullos, valos, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T3. Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local consistente na entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, para de vehículos, carga e descarga de mercancías de calquera clase.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T4. Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local mediante elementos constructivos.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T5. Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do subsolo, solo e voo do dominio público local.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T6. Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local con elementos con finalidade lucrativa.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T7. Taxa por expedición de documentos administrativos a instancia da parte.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T8. Taxa por tramitación de licencias ou autorizacións administrativas de autotaxis de demais vehículos de aluguer.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T9. Taxa pola prestación de servicios especiais motivados pola celebración de espectáculos públicos, grandes transportes, pasos de caravana e calqueira outras actividades que esixan tales servicios.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T10. Taxa por tramitación de licencias urbanísticas esixidas pola lexislación do solo e ordenación urbana, e por tramitación de proxectos de urbanización, autorización de guindastres, segregacións e agregacións.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T11. Taxa por tramitación de licencias de apertura de establecementos.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T12. Taxa por prestación do servicio de teleasistencia domiciliaria.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T13. Taxa por utilización de instalacións deportivas.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T14. Taxa pola prestación do servicio de cemiterios municipais, conducción de cadáveres e outros servicios fúnebres de carácter local.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T15. Taxa por colocación de tuberías, fios conductores e cables en postes ou en galerías de servicio de titularidade do Concello de Ribadeo.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T16. Taxa polos servicios de sumidoiros, tratamento e depuración de augas residuais, incluida a vixilancia especial de sumidoiros particulares.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T17. Taxa polos servicios de recollida de lixo.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T18. Taxa por distribución de auga.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T19. Taxa polo servicio de mercado.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T20. Taxa polo servicio de matadoiro
ORDENANZA FISCAL NUMERO T21. Taxas por ensinanzas especiais en establecementos docentes e públicos. Escola de Música e Danza e Escolas Deportivas Municipais. Actividades deportivas no rural.
ORDENANZA FISCAL NUMERO T22. Taxa pola retirada de vehículos da vía pública ou terreos adxacentes e o seu traslado ó depósito municipal e inmobilización de vehículos que se atopen estacionados en forma antirregulamentaria sen perturbar gravemente a circulación.
ORDENANZA FISCAL T23 do prezo público polos servicios da biblioteca publica municipal.
ORDENANZA FISCAL T24 reguladora do prezo público pola utilización do Auditorio de Ribadeo.
ORDENANZA FISCAL T25 reguladora da taxa por celebracion de vodas civís.
ORDENANZA FISCAL DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PISCINA MUNICIPAL CLIMATIZADA.
Ditos expedientes quedan sometidos a información pública durante o prazo de 30 días na Secretaría Municipal, período durante o que as persoas interesadas poderán presenta-las alegacións ou reclamacións que estimen pertinentes.
De non se presentar reclamacións aos mesmos entenderanse automáticamente aprobados de xeito definitivo.
Ribadeo, 18 de novembro de 2008.- O ALCALDE, FERNANDO SUAREZ BARCIA.
****Atalaia lleva en su orden del día el tema del Hospital Asilo. Tenemos ya el texto del Reglamento que pretenden aprobar y el de la Ordenanza Municipal Reguladora del Precio Público del Hospital.
A mayores en las Ordenanzas Fiscales se nos impone una suba del 4,5%.
A los vecinos/asociaciones que no se olviden de examinar estos textos que se recogen en las Oficinas de Secretaría.

POR CERTO na páxina do Concello non aparece o anterior ( acabase de inaugurar onte), tampouco os Regulamentos que deben rexir o Centro de Día, o Piso Tutelado e Axuda no Fogar eo que tería que estar en vigor do Hospital -Asilo. Un enlace, aunque figura nos  fixos o blog,
http://www.ribadeo.org/interior.php?txt=arbore_web81&lg=gal

Esto é parte do que o Concello explica da súa páxina:

"Os navegantes poderán acceder desde a mesma portada ás novas que se produzan no concello e aos actos de axenda, e coñecer inmediatamente avisos e convocatorias, que se irán ampliando e actualizando constantemente. Ademais, de cara a o difundir o atractivo turístico do concello, esta primeira páxina funciona tamén como escaparate para as mellores imaxes fotográficas de Ribadeo, permitindo contemplar unhas fermosas galerías de imaxes do concello.

Xa no interior, os cidadáns dispoñen dun apartado dedicado enteiramente á información institucional, con textos actualizados sobre o funcionamento e a composición dos órganos que integran a organización municipal; as liñas de traballo das diferentes concellarías; un directorio de teléfonos e enderezos de interese; así como os orzamentos municipais en vigor e información sobre os diferentes servizos municipais, etc."


Polo momento esto non é certo. Eso si, din que costou 12.000 euros.


Comentarios