S?bado, 03 de enero de 2009
 

 

 

Ribadeo tuvo importante astillero en la época de Carlos V. En el se construyeron varios barcos para ser armados contra los corsarios franceses. En el reinado de Felipe II se construyen la mayor parte de los barcos de la Escuadra Invencible. Hubo acometidas de piratas en el siglo XVII para apoderarse de los barcos que en los astilleros se construían


NOTA: EL ARTICULO ANTERIOR ESTABA EQUIVOCADO Y PANCHO CAMPOS NOS ENVIO ESTO QUE CORRIGE Y AMPLIA:

Hai un apartado no voso blog da Atalaia, que dice que a maior parte dos barcos da Armada Invencible se fixeron no tempo de Felipe IV e está equivocado, pois cando se fixeron foi en tempos de Felipe II.
Para a túa información, fágoche un resumen dos reises chamados Felipes:
Felipe I (1478-1506) (chamado Felipe el Hermoso), marido de Juana la Loca herdeira dos Reies Católicos.
Felipe II (1527-1598) herdeiro de Carlos I de España e Carlos V de Alemania. Casa en sucesivas nupcias con María de Portugal (1543), madre do príncipe Carlos; con María Tudor (1554) reina de Inglaterra, da que non tubo fillos; con Isabel de Valois (1560) que non lle deu fillos varóns e con Ana de Austria (1570), madre do seu sucesor Felipe III.
    Felipe II encárgalle en secreto na primavera de 1586 a Alvaro de Bazán capitán xeral do Mar Océano e Marqués de Santa Cruz que prepare unha gran flota para invadir Inglaterra. Este gran marino comenza a preparar en Lisboa 150 galeóns e naves de combate, 6 galeazas e 30 galeras, ademáis en outros asteleriros da península (posiblemente tamén no de Ribadeo da Vilavella) preparanse outras 320 naves pequenas de 50 e 80 Tm. (carabelas, zabras, escorchapines e pataches), un total de 556 embarcacions, sen contar 40 fragatas e falúas napolitanas e 200 barcas chatas para operacions de desembarco. A flota ascendería a 111.000 Tm de desplazamento, con 30.342 homes de mar (entre eles 9.800 remeiros das galeras e galeazas) e un exercito de desembarco para a invasión de 63.890 homes. Total 94.232 homes con 1600 cabalos. En 1587 foi decapitada María Estuardo reina de Escocia, que estubo prisioneira de Isabel de Inglaterra, súa prima, dazanove anos. O papa presiona a Felipe II para salir invadir a Inglaterra protestante daquel entonces. En Inglaterra xa sabían dos preparativos españoles e eles tamén se aprestaban para o combate. En 29 de abril de 1587 o pirata Drake ataca Cadiz con 30 barcos e queima 18 españoles e apresa a 6, que eran parte do que sería a Armada Invencible. A Alvaro de Bazán empezan a facerlle a vida imposible os envidiosos e os pelotas zarrapastrosos da corte de Felipe II, e coa saude moi minada morre o 9 de Febreiro de 1588. Felipe II confía o mando da flota o duque de de Medina Sidonia, un incapaz e irresoluto lamecús que non sabía nada de mar, e menos de mandar unha flota de guerra en combate.
A grueso da flota sae de Lisboa o 30 de Maio de 1588, e outra parte sae do porto de A Coruña o 19 de Xuño de 1588. Iban na flota grandes marinos como Miguel de Oquendo, Juan Martinez de Recalde; Martín de Bertendona, Hugo de Moncada e Alfonso Martinez de Leiva como lugarteniente do duque incapaz de Medina Sidonia.
A Armada inglesa era capitaneada polo almirante Howard de Effingham e levaba como xefes de división a Hawkings e o pirata Drake, todos eles experimentados marinos en todolos ventos. Eran 180 naves con desplazamento de 32.000 Tm. e 19.000 homes.
O 31 de Xullo entran en combate con Howard e Drake. O día 2 de Agosto os españoles Leiva, Oquendo e Recalde vendo que teñen o vento a favor atacan comprometendo moito a flota inglesa que safa da destrucción con un cambio de vento que non permite maniobrar e navegar de bolina desahogada os pesados barcos españoles, o que permite escapar do cerco os barcos ingleses. Estes con botes e barcazas a remos repostan víveres e armas de terra. Os días 7 e 8 de Agosto combátese e o día 9 cambia o vento
a Noroeste empuxando a flota contra da costa flamenca. Cambia pola tarde o vento a Sudoeste e Medina Sidonia entonces quer vir reparar o Norte de España remontando o canal da Mancha pasando polo Norte de Escocia e internándose no Atlantico. A tal despropósito opoñense os marinos antes citados pero o capitán xeral mantén o séu parecer e remonta o mar do Norte donde se destrue a Armada Invencible contra dos baixos rocosos entre as Orcadas e as islas Shetlands a causa do mal tempo e do frío intensísimo que agravou a saúde dos 3000 feridos e enfermos que viñan nos barcos. Medina Sidonia chega o 23 de Septembro a Laredo no buque San Martín e 22 navios máis, Oquendo arriba a San Seabastian con 6. Leiva desaparece polo camín e 9000 homes, 26 galeóns, 13 urcas, 3 galeazas e 20 pataches, total 63 unidades. (Resúmen principal sacado da "Enciclopedia General del Mar" Tomo IV-voz: Invencible, La Armada, con notas engaguidas de outros libros)
Felipe III (1578-1621) fillo como xa dixemos de Felipe II e de Ana de Austria, foi conocido como "El Piadoso" pola súa ineptitud. Participou na "Guerra dos 30 anos" e expulsou os moriscos (1609-1614). Deisxou gobernara a validos codiciosos, como os duques de Lerma e de Uceda. 
Felipe IV (1605-1665) fillo de Felipe III e de Margarita de Austria. Tamén deixou o goberno en maos de validos, como o conde-duque de Olivares e Luis de Haro.
Felipe V (1683-1746) neto de Luis XIV de Francia que cando accede o trono provoca unha Guerra de Sucesión que termina coa paz de Utrecht, que permite acceder o trono do imperio o archiduque Carlos como Carlos VI, por morte do emperador José I. Esta paz confirma a Felipe IV no trono, pero España perde Nápoles, Cerdeña, Toscana, Bélgica e o Milanesado cedidos o emperador, ademáis de Gibraltar e Menorca.



Publicado por a333 @ 7:53  | hist.ribadeocontemporanea
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios