ACTA PLENO 17/11/2008 --ACORDO DE INCORPORACIÓN Á ASOCIACIÓN “VILLAS MARINERAS”
Dase conta do ditame da Comisión Informativa que se transcribe de seguido:
“Dase conta da proposta da Alcaldia que se transcribe literalmente:
“Pola Alcaldía-Presidencia, á vista da necesidade de formaliza-la participación deste Concello na Asociación Villas Marineras , de conformidade co esixido
pola mesma, e á vista dos Estatutos, considerando o interese que para Ribadeo representa a participación na mesma, de conformidade co art. 22.2.b
da Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local, proponse ó Pleno Municipal a adopción dos acordos seguintes:
1º. Aprobar a incorporación do Concello de Ribadeo á Asociación “Villas Marineras”.
2º. Aproba-los Estatutos da citada Asociación.
3º. Aproba-lo gasto correspondente a cota anual que se aprobe na Asamblea Xeral e crear partida presupostaria para a mesma e que en 2008 corresponde a 8.000,00 euros.
4º. Nomear ao Sr.Alcalde-Presidente don Fernando Suárez Barcia para que represente ao Concello de Ribadeo.
5º. Designar a Dona Mónica Barcia Paredes, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, para que represente ao Concello de Ribadeo no Comité Técnico.”
A Comisión, por unanimidade, en votación ordinaria, acorda ditaminar favorablemente a proposta da Alcaldía nos seus propios termos para a súa aprobación polo Pleno municipal.”
Polo Sr.Alcalde maniféstase que o Concello estaba xa “ de facto” efectuando unha sucinta explicación.
De seguido, polo Pleno municipal, por unanimidade en votación ordinaria, sen promoverse deliberación, acórdase:
1º. Aprobar a incorporación do Concello de Ribadeo á Asociación “Villas Marineras”.
2º. Aproba-los Estatutos da citada Asociación.
3º. Aproba-lo gasto correspondente a cota anual que se aprobe na Asamblea Xeral e crear partida presupostaria para a mesma e que en 2008 corresponde a 8.000,00 euros.
4º. Nomear ao Sr.Alcalde-Presidente don Fernando Suárez Barcia para que represente ao Concello de Ribadeo.
5º. Designar a Dona Mónica Barcia Paredes, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, para que represente ao Concello de Ribadeo no Comité Técnico.
Y si os preguntais de que va el tema pues aqui está: http://www.villasmarineras.es/interior.asp?MP=8
Cauce de política turística, sensibilizar y fomentar la coordinación en cooperación y promoción conjunta.
Y en este mismo Pleno "para estabilizar la bola de nieve":
Retomado o debate volta a intervir o Sr.Pérez Vacas que reitera que considera que non é o momento de aplicar o IPC do 4,5 por cento e que se pode aplicar outro mais beneficioso para os veciños, que non fai unha proposta alternativa, que a proposta quen a fai é o goberno e quenes apoian ao goberno, que apoian a subida do IPC no 4,5 % e van votar que non, e que se viran calquera outra posibilidade xa proporían na Comisión.
O Sr.Rodriguez Andina, manifesta que ao portavoz de UPRI hai que explicarlle as cousas, e ironiza dicindo (en relación a sí mesmo), que é malo explicando matemáticas, pero que son 27 céntimos a subida e non se dixo que se recada pouco, senon que se vai recadando pouco a pouco, e lle extraña que non se lle acabe de entender, e que en síntese coas explicacións que deu trata de dicirque esa diferencia da que se fala ao final son catro perras gordas, porque non todos pagan todalas taxas e polo tanto non vai haber o incremento que se dí, e a taxa que mais sube é para os bancos e son 27 euros ao ano.
Intervén o Sr.Alcalde que manifesta que para rematar o debate ten que reiterar os argumentos da Comisión informativa de Economía e que para determinar o IPC colleron o de todolos anos, e que cando se chegue no transcurso do Pleno a rogos e preguntas, empezarán os grupos a dicir que porqué non se fan cousas, e que tampouco é que co incremento do IPC se vaia amortizar a débeda do concello, pero se non se consegue estabilizar a “bola de neve” dificilmente poderán amañar as cousas ordinarias.
Fai referencia tamén o Sr.Alcalde a que ademais hai reclamacións dalgún fronte á Corporación por cousas ás que fai pouco se lles dixo que non e que hai un doble discurso por parte dalgún membro da Corporación que deixa bastante que desexar, respecto ao conxunto cidadán.
De seguido , polo Pleno Municipal, por oito votos a favor (dos membros dos Grupos municipais do BNG e do PP) e cinco votos en contra ( dos membros dos Grupos municipais socialista e de UPRI) acórdase:
1º. A aprobación inicial da modificación das Ordenanzas fiscais do Concello para o ano 2009 relacionadas seguidamente de conformidade coa proposta formulada na Comisión Informativa de Facenda e Contas