Martes, 03 de febrero de 2009

Y destacamos alguna cosilla más del Pleno de 19/01/2009 en lo que se refiere a este punto : 2009/07/07.- ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO REGULAMENTO DE REXIME INTERIOR DO HOSPITAL.-

Dase conta do ditame da Comisión Informativa de 15 de xaneiro de 2009 que se transcribe de seguido:

“Dase conta de que tras da aprobación inicial con data 17 de novembro de 2008 do regulamento epigrafiado, durante a exposición pública do mesmo

(BOP num.274 de 27 de novembro de 2008) formularonse dentro do prazo ó efecto 3 alegacións por parte de dona Teresa Rodríguez Ruiz en representación da Asociación A Atalaia, don Antonio Gregorio Montes en representación da Asociación O Tesón e dona Esther Ares Chao, en representación da Asociación de Amas de Casa, sendo informadas por parte de Secretaría, de Intervención e do Traballador Social do Concello,

informándose desfavorablemente agás no relativo aos extremos que constan no expediente relativos a maior definición do horario e reserva de praza.

Asimesmo dase conta de que aos efectos dunha garantía do pago da débeda proponse polos servizos municipais a ampliación dentro do contrato de

prestación de servizos da cláusula 3ª coa proposta que se engade á mesma. (...)

Intervén asimismo o Concelleiro do PSG-PSOE don Ramón López Pérez que manifesta que leu os informes e que recollen algunha das modificacións propostas e formula unha pregunta sobre as parellas de feito.

Por Secretaria contéstase que o réxime segundo a reforma do código civil de Galicia e a normativa autonómica de desenvolvemento ten as mesmas consecuencias xurídico-civis que o matrimonio. Toda vez que polo sr.López Pérez se pregunta sobre se os matrimonios ou parellas de feito teñen habitacións dobres no hospital asilo polo traballador social se contesta afirmativamente.

Deliberase a continuación sobre as situacións das persoas que non teñen herdeiros nin familia, preguntándose tamén polo sr.López Pérez sobre a situación das persoas que teñen pensións asistenciais e como se vai resolver cuestións básicas como a da roupa ou gastos non cubertos pola seguridade social. Por parte do Traballador social se explica que dispoñen da posibilidade de axudas de emerxencia social e pon exemplos de casos como o de adquisición de roupa, gastos de dentista, etc. facendo referencia á RISGA.

Deliberase brevemente sobre se se precisa que figure ou non no Regulamento unha referencia a este aspecto que se considera preciso polo Sr.López Pérez

considerando que é o momento adecuado. O Sr.López Pérez pide que conste en acta a preocupación do seu Grupo por esta cuestión
(...) ordenanza en todolos aspectos que regula, e vanse abster.
(...)

O Sr.Rivas Alvarez, do Grupo municipal de UPRI manifesta que xa se abstiveron cando a aprobación inicial e que están, nembargantes, de acordo en que teña o Hospital Asilo un Regulamento xa que consideran que é unha función mui importante para Ribadeo, pero que non estaban de acordo coa

De seguido por once votos a favor (dos membros dos Grupos municipais de BNG,PP e PSOE) e dúas abstencións (dos membros do Grupo municipal de UPRI),acórdase: 1º. A desestimación das alegacións formuladas, agás no informado favorablemente e xa recollido no texto proposto, de conformidade cos informes obrantes no expediente de Secretaría, Traballador Social e Intervención que se engadirán como motivación do acto de conformidade co disposto no artigo 89.5

da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das AA.PP. e do Procedemento Administrativo Común.


Y en cuanto  a la participación ciudadana, a la que está comprometido el Ayuntamiento de Ribadeo, en el momento de la aprobaciòn inicial de este Reglamento el pasado 17 de noviembre de 2008 " O Sr.Alcalde pola súa parte manifesta que era unha boa cousa que non houbera alegacións para a entrada en vigor no mes de xaneiro, tendo que cumpri-los prazos e procedementos legais, e sobre o que se sinala cre que é unha función do Concello e que diante da Comisión xa o manifestou, e que o concello intentará que teñan axudas por parte de quen corresponda, sexa a Vicepresidencia ou a Deputación, porque é unha misión de goberno e se trata de buscarlles algún tipo de complemento e que para non ir a unha alegación poderían incorporarse eses criterios no acordo de aprobación como criterio de aplicación e actuación da propia Ordenanza."

Las alegaciones de Atalaia https://atalaiaasocvecinos.blogcindario.com/2008/12/00654-se-presentan-las-alegaciones-al-reglamento-r-i-hospital-asilo.html

Y aqui se decía que se recogían modificaciones a causa de las alegaciones presentadas http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_7461609&idSeccion=759B7D320A80B19700177039DF4C5858


Publicado por a333 @ 19:56  | de actas ayto ribadeo
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios