Martes, 03 de febrero de 2009

Lo podeis leer en la web del Ayuntamiento pero DESTACAMOS: 2009/08/08.-MOCIÓN DOS GRUPOS MUNICIPAIS PP, PSOE E UPRI SOBRE O PLAN SECTORIAL GALEGO DO SOLO RESIDENCIAL EN RIBADEO.-

(...) Prosegue manifestando o Sr.Rodriguez Andina que a Moción rexeita este Plan sectorial de solo residencial de Ribadeo, este Plan, e así se sinala literal e textualmente na Moción, e se solicita unha sesión da Xunta de portavoces, e que se consensúe unha proposta, e amosa un apoio decidido a vivendas de protección oficial que lles parecen imprescindibles e por último reclama ao IGVS que en todo caso conte co Concello de Ribadeo cando se trate de desenvolver outro Plan sectorial distinto deste.

Prosegue sinalando o Sr.Rodriguez Andina que os tres grupos apoian a Moción por tres aspectos comúns.

Que en primeiro lugar as explicacións dadas pola Consellería implican un maltrato dos propietarios, que cren que incluso pode interpretarse que poderían chegar á expropiación e en calquera caso plantexan no tríptico que se entrega aos propietarios un prezo de compra absolutamente ridículo.

Que en segundo lugar pretendese actuar nunha zona do casco histórico donde aos propietarios se lles prohibiu de xeito reiterado non so construir novas vivendas, senon incrementa-lo volume das existentes e incluso se lles chegou a poñer dificultades as cores das fachadas, e agora aparece o IGVS e pretendedesenvolver un proxecto de urbanización nun sitio donde non se deixaba aos propietarios, e a Consellería o pretende facer.

En terceiro lugar que chama poderosamente a atención que incluso se fale de construccións de bloque , que se se explica algo mais, se poderá entender perosupón que non ten nada que ver co Partido da Conselleira, senon que sexan de formigón, e a xente pensa mais ben na Avda. de Galicia, de Asturias ou na rúa Rosalía de Castro, e iso no medio do casco histórico parece un absoluto disparate.

Manifesta que estes argumentos son os correspondentes aos puntos conxuntos dos Grupos.

No que atinxe á posición do Partido Popular considera que probablemente houbo problemas de comunicación do proxecto sectorial e que o que acaba de expoñer é posible que non fora a vontade dos que estaban regulando este Plan sectorial , e que probablemente a realidade do que se pretendía non fora iso e que é posible, e que tamén é certo que probablemente o Plan ten algunha parte positiva, que non lle dan atopado, pero o certo é que a Consellería coa súa actuación o que non deu foi ningunha facilidade para que ninguén a día de hoxe poida estar a gusto con que lle planten un Plan sectorial no seu terreo e que polo tanto esa é a sensación existente entre propietarios e non propietarios, e iso provoca un rexeitamento , e por iso teñen que facerse eco dese rexeitamento.

Prosegue manifestando tamén o Sr.Rodriguez Andina que dito isto, e quedando clara a postura respecto da Moción, e eliminando calquera dúbida tamén, ten que incluir nesto das dúbidas algún dos afectados, que nalgunha sesión pública se referiu a que non era moito de fiar o Grupo Popular, cando o seu Grupo é redactor ou co-redactor da Moción, e a posición estaba clara.

Prosegue manifestando o Sr.Rodriguez Andina do Grupo Popular que considera que o goberno municipal actuou de forma errática e errónea, pouco transparente , pouco flexible, e iso deu lugar á situación vivida na última temporada con tensión entre os veciños, situacións desagradables e ao remate coa presentación desta Moción, que de terse actuado doutro xeito probablemente se houbera podido evitar, e despois de todo isto salvo que a Consellería diga outra cousa, non hai Plan sectorial, e haberá que buscar outro

que puido terse buscado dende o principio e tiñan que ter contado co resto dos Grupos, e tiña que ter mais claridade na exposición aos veciños, tiñan que ter sabido rectificar antes e eliminar a crispación e ter tido cintura política e levar o tema con menor cerrazón, e ser mais dialogantes e teñen que entender que son 4 de 13, e para poder gobernar e levar adiahte temas, e sobre todo temas da trascedencia deste, teñen que contar cos demais e aprendelo e aínda teñen dous anos por diante.

(...)

Intervén o Sr.Rivas Alvarez, do Grupo municipal de UPRI, que manifesta que polo menos como escribintes da Moción e redactores ou co_redactores da mesma, nalgúns aspectos, para que ninguén se ofenda, quere dicir que ese Plan sectorial de vivenda afectaría a dúas zonas do casco histórico segundo o folleto, que o seu Grupo recibiu a información a través dos veciños que lles chamaron, e que como Grupo de Ribadeo tratan de resolver os problemas deRibadeo e a discusión dos grandes partidos lles preocupa pouco; que lles fixoreflexionar a cuestión, e que este Plan pretende nesos trinta mil metroscadrados das dúas zonas facer 105 vivendas, 24 libres e 81 de protección oficial e as características do Plan prohiben calquera outra medida que nonsexa a expropiación.

Manifesta tamén o Sr.Rivas Alvarez que se fixou un prezo ridículo de 6,22 €/m2 segundo figura e que serán urbanizados os terreos pola Xunta e venderansepor catro perras gordas a grandes promotoras inmobiliarias para que edifiquen e obteñan elas os beneficios, despois de arruinar aos veciños de Ribadeo;manifesta tamén que non está de acordo con que se consideren suficientes as comunicacións existentes e se entenda que non é necesario construir unhasnovas e que tampouco se prevé a construcción de novos edificios dotacionais e que so se prevén 60 prazas de aparcamento público.

O Sr.Rivas Alvarez, ironiza dicindo que parece que están sobrados de aparcamentos pero realmente fan falta mais.

Asimesmo manifesta que prácticamente ningún veciño de Ribadeo ten permiso nin para rehabilitar nin para construir unha vivenda neses terreos e se lle pontodo tipo de atrancos e cortapisas, e agora ben a Consellería de Vivenda e pretende construir bloques de edificios que afectarían de xeito irreversible aoentorno natural da ría polo tipo de vivenda que se pretende construir, tipo bloque; que o Plan de vivenda é ilegal, porque se sacou adiante de maneiraunilateral pola Consellería do BNG sen os informes necesarios das Consellerías do PSOE e que en Concellos como Nigrán tivo mais de 4.000alegacións, e en Narón, Fene e Neda mais de 800, e en Vigo rexeitouse polo Alcalde, dicindo que non necesitaba un Plan sectorial desas características xa que se contempla no PXOM vigués , e que en definitiva é un auténtico despropósito.

Manifesta tamén o Sr.Rivas Alvarez que o Alcalde de Ribadeo está facendo todo o posible para silenciar as protestas dos veciños comprando alguns medios de comunicación e facendolles ver a través do seu magnífico gabinete de prensa que pagan todos mensualmente, que todo está de maravilla, de alfombra roxa ou vermella, moi de acordo co fín de semana pasado.

Fai referencia asimesmo a avisos oficiais como o que se mandou aos veciños, a algunhos de ultima hora, sen rexistro de saida do Concello, e metidos por debaixo da porta, con nocturnidade e alevosía, por algún traballador do Concello, e que ao seu Grupo non lles parece que sexa a forma de ter informados aos ribadenses e a todolos afectados.

Prosegue sinalando que o Plan sectorial poidose ter paralizado, e podese paralizar se se negan a recalificar os terreos afectados, polo que o único favorable para que saia adiante tal e como está presentado é o Alcalde e o seu Grupo que xa se pronunciou así nos medios de comunicación , e que Ribadeo non perde se se paraliza este Plan.

Manifesta tamén o Sr.Rivas Alvarez, de UPRI, que están dispostos a traballar por un Plan sectorial consensuado por todolos Grupos políticos que conformana Corporación, e cumprir os obxectivos xerais sen lesionar aos intereses particulares dos veciños e que se pregunta porque o Alcalde non fixo nada para paralizar este atropello e que ademais mostrouse altamente favorable ao proxecto.

Intervén a continuación o Sr.Pérez Vacas, do Grupo municipal Socialista, que manifesta que quere facer un pequeno compendio de todo o que para o PSOE significou a publicidade que se lle deu ao Plan Sectorial de Vivenda residencial para empezar demostrando que dende o primeiro momento polo goberno municipal e por parte da Consellería se actuou con total opacidade para saber o que se estaba tramando, e basease en que no DOG de 24 de outubro saiu o Plan e que lle corrixan, sen que se enteraran de nada ata que apareceron os avisos do Alcalde, e este aparece para dar unha explicación o 12 de decembroe hai un período entre o 24 de outubro e o 12 de decembro e polo menos o PSOE non le o DOG, e foi merced á mobilización que tivo o Concelleiro no uso da palabra, coñecemento do asunto e despois desa reunión á que se acudiu polo goberno municipal e por parte do PP, hai dúas cuestións que aínda hoxe non están claras, e que veñen nun disquette da propia Consellería un mapa de Galicia, e en Ribadeo, aparece un punto azul que quere dicir que a actuación vai ser entre 2013 e 2017, o que resulta contradictorio co dito pola Consellería donde fala deses obxectivos do Plan Sectorial, de colaboración cos Concellos e que é unha oportunidade ante a crise inmobiliaria que están a vivir enmarcados nunha crise mundial e resultalle moi difícil que se solucione unha crise cun programa para o segundo quinquenio, pola Consellería, que emana da propia Consellería, e que é de 2013 a 2017, e non sabe como chegaron á cidadanía. (...)

O Sr.Pérez Vacas, do Grupo Municipal Socialista dí que están a favor do que acaba de manifestarse pero como xa se dixo antes, que a Alcaldía recolla o guante que lles lanzou nos medios de comunicación e por iso trae unha parcela perfectamente susceptible non para plantexar agora no Pleno senon para cando haxa esa Xunta de Portavoces que se reclama no punto segundo, donde se contemplan 61.534 m2. cualificados como solo residencial e cuxa tipoloxía se adapta a vivenda unifamiliar nas súa variantes de adosada, pareada e exenta e bloque exento para atender as demandas derivadas de vivendas suxeitas ao réxime de vivenda de promoción pública e o Sr.Alcalde pode ter a ficha igual que a ten o Sr. Pérez Vacas, nos Servizos técnicos do concello para empezar a traballar pero para que se saiba que xa o estiveron facendo, que non veñen a rexeitar nada, que non van contra o Alcalde de Ribadeo nin o seu goberno senon a favor dos veciños, que demandan este tipo de construccións e non nas condicions que se pretendía facer.

(...)

O Sr.Rodriguez Andina, dirixíndose ao Sr.Alcalde dí que lle agradece moito a explicación que deu, e que en parte xa coñecían, pero que chega tarde e iso tiña que ser dito antes, que era ao principio de todo o asunto e pregunta porque non se dixo no seu momento; que o Alcalde cando empezou a súa explicación notaría un rumor, e que foi de estupefacción , de que se está contando a estas alturas, xa que todo o que lles viñeron contando durante todo este tempo non ten nada que ver con iso; e que é dificilísimo que tendo diante un tríptico como ese donde aparentemente se pon seis euros metro cadrado, agora ninguén poida aceptar esa división entre m2 e presuposto, e igual é verdade pero é difícil que o crean, porque o que está no tríptico dí outra cousa; e igualmente cando se fala de “bloque” –edificatorio- deberá explicarse de que se trata, xa que o que se percibe son os bloques existentes en diversas zonas do casco urbano, e todo o mundo se asusta.

Manifesta que , por último , quere facer constar que a mensaxe a pode entender, pero ao final lle soa a algo así como ollo que aínda pode ser peor que non haxa ese Plan ahí, e que cre que ese non é a mensaxe que hai quemandar, e que están donde están, e a volta atrás nesas ubicacións é absolutamente imposible, e a xente cre o que cre, e porque se lle informou do que se lle informou, e se lles dixo o que se lles dixo, e se quedan con iso, e polo tanto hai que buscar alternativas, con tempo, e igual se ve que a cousa non é como lla contaron mal (en referencia ao Grupo de goberno) porque foron quen lla contaron e entón hai rectificacións de posicións, dos veciñós, non dosGrupos, que os Grupos están donde están, recolleron dalgún xeito o malestar e a desinformación dos veciños, pero agora eso xa non vale e dende logo non llemanden a ninguén esa mensaxe de ollo que pode ser peor.


Publicado por a333 @ 21:14  | de actas ayto ribadeo
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios