Mi?rcoles, 04 de marzo de 2009

 

A instancia do Sr Alcalde o Secretario Municipal da lectura á Moción presentada polo Grupo Socialista con data 16 de setembro solicitando do Pleno denuncia pública pola decisión do Goberno Francés de realiza-las probas nuclears no Pacífico Sur:

Xustificacións

1ª O clamor mundial contra estes experimentos nuclears aconsella que Ribadeo se una rotundamente a estas protestas, para tratar entre todos de disuadi-lo Goberno Francés de proseguir con ditas probas.

2ª Cumprironse durante este mesmo ano, os cincoenta da tragedia de Hiroshima e Nagasaki que causaron centenares de miles de mortos, e o planeta enteiro está concienzado, rexeitando de xeito taxante e unánime, calquera manifestación nuclear, do tipo que esta sexa.

Por todo isto ante o Pleno efectúa a seguinte proposta:

Que a Corporación en Pleno tome o acordo de dirixirse ó Goberno Francés, isntándolle a cancelar definitivamente  os seus ensayos nucleares no atolón do Pacifico Sur (Polinesia Francesa).

Concluída a lectura o Sr. Alcalde cede a palabra o membro do Grupo Socialista firmante da Moción D. Gilberto Suárez Méndez que dí que o mundo enteiro está contra da realización destas probas e incluso o 75% dos franceses o que deixa ben as claras o fundamento desta moción.

Ayuntamiento de Ribadeo 13 de novembro de 1995


Publicado por a333 @ 15:07  | de actas ayto ribadeo
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios