9. Mocións urgentes.
O Sr .Alcalde toma a palabra e día que antes de entrar no punto de rogos e preguntas vai a presentar unha moción urgente e dado que o seu contido é breve leráse primeiro e logo votaráse ou non a súa inclusión na orde do día.
O Sr. Alcalde da lectura á mesma que dí:
“En diferentes momentos, esta Corporación solicitou da Xunta de Galicia diversas obras de competencia autonómica, e sumamene importantes para Ribadeo. Non obstante, nengunha delas aparece no proxecto de presupostos para 1994, pésie a ser obxectivamente precisas e estar respaldadas por acordos plenarios.
Así pois, e dado que o citado proxecto de presupostos atopase ainda en trámite parlamentar, propón-se ao Excmo. Concello Pleno a adopción de acordo seguinte:
Solicita-se dos Grupos Parlamentares a presentación de enmendas aos Presupostos da Comunidade Autónoma para 1994, a fín de incluir as correspondentes dotacións para:
a) Primeiros traballos de construcción do Porto Exterior de Ribadeo.
b) Rehabilitación do edificio coñecido como Torre dos Moreno
c) Reparación xeral da estrada Reme-Vilamar.”
De seguido o Sr. Alcalde explica que a urgencia da Moción está motivada pola tramitación nestes entres na Xunta de Galicia dos presupostos autonómicos..
Sometida a votación a toma en consideración da moción e a súa inclusión na orde do día, resulta aprobado por unanimidade dos membros da Corporación.
Céntrase o Sr. Alcalde no fondo da Moción e explica que non ten carácter político posto que as peticións que contén xa foron acordadas polo Concello en distintos momentos, a reivindicación sobre o porto exterior fai máis tempo e as outras dúas máis recentemente e co apoio unánime da Corporación.
Sesión ordinaria do pleno do concello de Ribadeo en primeira convocatoria
Data 7 de febreiro de 1994