Mi?rcoles, 18 de marzo de 2009

 

Aprobación inicial do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo de Ribadeo.

A instancias do Sr. Alcalde o Sr.Secretario procede a dar lectura ó dictame da Comisión Informativa de Urbanismo de 27 de xuño este asunto e que dí:

“O Sr. Alcalde cede a palabra ós representantes da empresa Oficina de Planeamiento S.A. encargada da redacción do PEPRI que proceden a explicar á Comisión as directrices do Plan que presentan dando conta da vinculación do mesmo co expediente de declaración de conxunto histórico artístico así como as diferentes áreas delimitadas en función dos seus valores intrínsecos, a existencia dunha serie de edificios catalogados e clasificados en tres niveles de protección, das zonas de nova urbanización, dos usos que se fomentan así como da canalización de axudas tanto para actuacións públicas como privadas.

O Secretario informa ós membros da Comisión que a aprobación inicial do PEPRI implicará automáticamente e por disposición legal a suspensión de licencia no ámbito afectado por prazo dun ano , posto que se se esgotou o ano de suspensión cautelar previamente, e que no obstante cabe levanta-la suspensión respecto de determinadas licencias. Os técnicos redactores opinan que poderían quedar excluídas de suspensión as licencias de conservación e reparación tal e como veñen definidas na normativa do Plan.

Sometido a votación a Comisión acoda por mayoría e cos votos favorables dos Sres. Gutiérrez Fernández, Pérez Moreda e Vidaurrázaga Urbieta e a abstención do Sr. Cociña Garcíaz e a reserva do voto do Sr. Fernández Fra, dictaminar favorablemente o Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo de Ribadeo e elevalo ó Pleno para a súa aprobación inicial.”

Sendo as dezanove horas e vinte minutos incorpórase a sesión o Concelleiro Sr. González-Miró López.

Toma de seguido a palabra o Sr. Alcalde que da conta dos aspectos máis destacables do Plan: Das seis unidades de intervención previstas, dos equipamentos que veñen reforzar o establecido no PXOU para o mesmo ámbito, a inclusión de ordenanzas reguladoras con 5 zonas de calificación e tres niveles de protección para os edificios catalogados e do programa de rehabilitación para zonas públicas e privadas.

Abrese de seguido un turno de palabra e intervén en primeiro lugar o Sr.  Rodríguez Andina que dí que dada a complexidade do Plan e o pouco tempo que tiveron desde a Comisión Informativa para o seu estudio van absterse sen que elo signifique que máis adiante cando o coñezan en profundidade cambien o sentido do seu voto.

Intervén o Sr. Cociña García que se manifesta en contra por coherencia coas súas posturas anteriores durante a adaptación do PXOU e ata que vexa as alegacións presentadas e o resultado da súa tramitación. Considera que é un Plan moi restrictivo no que os redactores  parten de comparacións con cidadades como Santiago e Salamanca que non proceden, o custo económico, continúa dicindo o Sr. Cociña, é moi alto e pouco viable, polo que a súa execución vai demorarse en demasía e que en definitiva por todas istas razóns votará en contra á espera de ve-las posibles modificacións que poidan introducirse durante a tramitación.

O Sr. Alcalde responde que o equipo de goberno non comparte esa opinión e que pensan que non é restrictivo pois de non aprobarse suporía a tramitación e declaración de Conxunto Histórico Artístico pola Xunta e isto si resultaría restrictivo; por outra banda as actuascións máis importantes executaranse vía convenio, como o caso do punto aprobado anteriormente, cabe ademáis recorrir á axudas da Xunta ou da Administración Estatal creando a estes efectos unha oficina de xestión para a canalización das mesmas, e por todo iso persiste no seu apoio ó PEPRI:

O Sr. Cociña García replica que respeta as palabras do Sr. Alcalde pero non as comparte e quere deixar constancia de que si apoiou a ratificación do convenio con CANARIAS RIBADEO S.A.

Sometido a votación a aprobación inicial do Plan Especial de Protección e Reforma do Casco Antigo de Ribadeo, resulta aprobado pola maioría absoluta dos membros legais da Corporación ó obterse sete votos a favor correspondentes ós grupos BNG e PS de G-PSOE, catro abstencións dos membros do Grupo Popular e un voto negativo do Sr. Cociña García; e asi é declarado polo Sr. Alcalde.

 

 

SESION EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO EN PRIMEIRA CONVOCATORIA 1 DE XULLO DE 1994

 

 


Publicado por a333 @ 15:12  | de actas ayto ribadeo
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios