Rogos e preguntas.-
De seguido o Concelleiro D. Gilberto Suárez Méndez formula as seguintes preguntas:
1-¿Qué medidas se adoptaron ou pensan tomarse para evitar eas concentracións de vagabundos, mochilas, cans, etc. en plena rúa peatonal que dá unha imaxe negativa e decepcionante de Ribadeo?
A xente maior, sobre todo e manifestouno, non se atreve a utiliza-los caixeiros de Caixa Ourense, Banesto, Caixa Galicia dada a presencia sospeitosa dos ocupantes asíduos en ditas zonas próximas.
Tamén pedimos o control posible en dita rúa peatonal xa que moitos ciclistas circulan montados a calquera hora molestando a xente que camiña tamén por dita avenida, reservada a peatóns e prohibida polo tanto a calquera manifestación do tráfico rodado.
Acta Ayuntamiento de Ribadeo 9 setiembre 1996