Lunes, 06 de abril de 2009
Publicado por a333 @ 18:41  | hist.ribadeocontemporanea
Comentarios (0)  | Enviar
 Tanto no social, como no político e no cultural, o Ribadeo da República conforma unha etapa da vida local muy diferenciada e mesmo singular. O ano 1932 podería ser quizais unha boa mostra dentro desa caracterización. Con efeito, no seu comezo, en xaneiro, ve a luz pública o primeiro número dun quincenario político "El Radical del Eo", voceiro do Partido Radical cuxo lider, o daquela ex-ministro do Estado Sr. Lerroux, visitaría a vila a finais de setembro. Non lle iban á zaga  en activismo as demais formacións políticas nese mes o Partido Republicano  Galego constituia o seu Comité, o partido Galeguista festexaba o 25 de xullo e o Concello facia-se representar nas Asambleas pro-redacción do Estatuto que tiñan lugar en Santiago en xullo e en decembro; naquela polo secretario corporativo Sr. López Yañez e nesta polos concellais Sres. José A. Traveso e Carlos Nistal Ares.

(...) Eduardo Gutiérrez Fernández en La Comarca del Eo 4/8/1985
Comentarios