Concello Pleno 9 de marzo de 1.998
Moción do B.N.G. relativa á violencia que está a sufri-la muller.
O portavoz do BNG D. Eduardo Gutiérrez toma a palabra e en turno de defensa da moción dí que a mesma recolle unha realidade antiga que cada vez está máis no candeleiro e que a presentación da mesma é simplemente un paso máis na sensibilización da sociedade, procedendo a dar lectura ó texto da súa Moción que di:
“A violencia f´siica contra as mulleres ten producido nos últimos meses un importante e necesario debate social. Máis unha vez, temos que denunciar que a evidente brutalidade non é máis que a ponta do iceberg dunha violencia estrutural legalmente consentida e sen resposta por parte das institucións e poderes públicos.
Porque é violencia que traballadoras cualificadas cobren menos que os seus compañeiros homes por igual traballlo.
Porque é violencias a burla que degrada a imaxe da muller, merecedora dos golpes que recebe, das violacións que “provoca” e dos insultos qaue “suscita”
Porque é violencia o acoso sexual no traballo.
Porque é violencia a exclusión sistemática de mulleres de todos aqueles lugares onde se tomen decisións.
Porque é violencia ter que demostrar con creces a capacidade para desempeñar un posto de traballo que calquer home pode ocupar.
Porque é violencia unha linguaxe que oculta ou silencia a muller.
Porque é violencia a explotación doméstica á que se lle somete á muller, mesmo moitas veces dsepois da xornada laboral.
E é tamen violencia a complicidade nesta sociedasde agresiva que converte as mulleres en obxectos de pretensa a aqueles homes cos que mantiveron ou manteñen unha relación sentimental. E violencia o silencio que non procura solucións para miles de vitimas aterrorizadas e que non se para para analizar as causas que a provocan.
Por todo o anterior Eduardo Gutiérrez Fernández, en nome do Grupo Municipal do BNG some te á consideración do Concello Pleno a adopción dos seguintes
ACORDOS
1º Condenar todos os casos de violencia cometidos contra as mulleres.
2º O Concello, como administración mais próxima á cidadanía, interesaráse polos casos desa violencia estrutural e porá os measdios necesarios para buscar posibeis solucións.
Interve´n o portavoz do grupo socialista don Ramón López que manifesta a repulsa do seu grupo por estas situacións e indica que votarán a favor da Moción.
De seguido toma a palabra o Sr. Alcalde e en primero lugar di que manten o criterio de traer o Pleno unicamente as mocións relacionadas co ambito de actuación local pero neste caso tratase dun asunto que levanta unha grande ijjnquietude social e que abrangue tódolos ámbitos; en segundo lugar apoian o contido da Moción e engade que os servicios sociais do Concellos xa interviron nalgún caso concreto ó resspecto e que teñen a intención de continuar unha labor de sensibilización social por medios publicitarios.
Sometida a votación a Moción do BNG resulta aprobada por unanimidade dos membros da Corporación