Ayuntamiento Pleno 24 de xuño de 1.996
Moción do Grupo Municipal PSOE de data 23 de outubro de 1.995 sobre a necesidade de construir unha Residencia da Terceira IDADE na nosa Vila.
O Portavoz do Grupo Municipal Socialista da lectura á Moción que di:
“Xustificacións.
Por todo isto ante o Pleno efectúa a seguine:
PROPOSTA:
Que a Corporación en Pleno tome o acordo en sentido favorable de dirixirse a Xunta de Galicia-Consellería de Familia, Muller e Xuentude para que seta xusta aspiración dos nosos maiores poida nun futuro inmediato verse cumplida e poida tamén a nosa Vila contar con esta logro social que representa o dispoñer de dita residencia.”
D. Ramón López Pérez dí que o asunto non precisa de muita explicación pois é un problema que todo o mundo coñece pois obter unha praza en Ribadeo é mui difícil e os anciáns teñen que buscar residencia fora do Concello polo que pensa que a solución é un Centro de tipo comarcal.
O Sr. Alcalde resposta que dí tomar nota das palabras do Sr. López Pérez o senso de que o tema debería estar solucionado sen necesidade de Moción, e precisa que efectivamente o está pois ten feitas xestións a través da Consellería de Servicios Sociais e localizada incluso ublicación; recalca que este tema como os anteriores son cuestións evidentes e que están presentes no programa de tódolos grupos.
O Sr. López Pérez replica que a Moción está datada en outubro de 1995 e que non sabe cando fixo o Alcalde as xestións pero de tódolos xeitos poido tramitla á semana seguinte para que o Pleno manifestara a súa vontade.
A Corporación acorda por unanimidade prestar aprobación á Moción de referencia remmitíndoa á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.