Lunes, 05 de octubre de 2009
Publicado por a333 @ 15:23  | nombrehistoriarib.contem
Comentarios (0)  | Enviar

Acuerdo Plenario de 8 de xullo de 2.002

a-Escrito relativo á Comisión pro Homenaxe de Ribadeo ó escritor ribadense D. Daniel Cortezón.-

Justifica a urgencia porque cando se presentou o escrito él quedou en dar conta nun pleno próximo.

A Corporación, acorda por unanimidade dos seus membros, declara-la urgencia e a procedencia do seu debate.

O Sr. Alcalde da conta do escrito presentado no Concello que literalmente dí:

“Antonio Deaño Gamallo, José María Lombardero Rico, Roberto Rodríguez Rodríguez e Carlos Alvarez Lebredo, ribadenses, constituídos en Comisión pro-homenaxe de Ribadeo a Daniel Cortezón, aceptando a representación e o sentir doutros conveciños, ante V.I.

 

SOLICITAMOS

Que unha rúa de Ribadeo, vila onde naceu o escritor Daniel Cortezón en 1927, leve o seu nome para así perpetuar este recoñecemento na memoria local.

Estimamos enormemente merioria a súa trayectoria como narrador, dramaturgo e ensayista tal e como, desde hai moitos anos, se arecoñece nos medios relacionados coa literatura da segunda metade do século XX: premios, foros, historias da literatura, do teatro, etc.

Como narrador Daniel Cortezón pertence á reducida nómina de escritores que contribuíron a recuperar a prosa galega de posguerra na difícil década dos anos incuenta (ao lado doutros como Fole, Cunqueiro, Fermin ou Blanco Amor) ao publicar o seu libro de relatos As covas do rei Cintolo en 1956. En 1.981 gañou a primeira convocatoria do prestigioso “Premio de Novela Eduardo Blanco Amor” con A Vila Sulagada.

Como dramaturgo conseguiu innumerables galardóns e figura na historia do teatro galego como o gran especialista na construcción de dramas mítico-históricos: Nicolás Flamel (1.966), Prisciliano (1.970), Xelmirez ou a gloria de Compostela (1.973), Os Irmandiños (1.977) e Pedro Madruga (1.981). No ámbito da literatura teatral en castelán ocupa un lugar sobranceiro dentro do chamado Nuevo Teatro Español dos años sesenta, con obras de temática social ou histórica e dramaturxia simbólias e vangardista que renovou aa creación dramátia da época.

Como ensayista son relevantes o libro De la saudadey sus formas (1.960), os seus numerosos escritos sobre teatro e o labor que exerceu como crítico literario: un dos seus estudios máis interesantess versa sobre a obra de ambiente ribadense Ribanova, de Leopoldo Calvo Sotelo.

Daniel Cortezón foi o membro máis novo do Patronato municipal que creou e puxo en marcha a actual Biblioteca Pública El Viejo Pancho de Ribadeo en 1.957”

 

A Corporación por unanimidade dos seus membros, acorda prestar aprobación á proposición de referencia.


https://atalaiaasocvecinos.blogcindario.com/2008/08/00300-daniel-cortezon-alvarez.html

https://atalaiaasocvecinos.blogcindario.com/2008/10/00494-eisi-debe-sere-asixa-e-perciso-que-seia.html

http://descargas.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/01316153188460748313680/025883.pdf?incr=1
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=DanCorte&alias=Daniel+Cortez%F3n&solapa=biografia

En Atalaia lamentamos la muerte de este gran escritor ribadense.
Comentarios