Xuntanza da Mesa de Asociacións 09/01/2010, Casa da Xuventude
Preparatoria para a xuntanza co alcalde (16/01/2010, 12:00, Casa do Concello)
Puntos acordados para tratar co alcalde na xuntanza do día 16:
1.O estatuto de participación cidadá.
Pasouse como proposta o borrador adxunto hai dous anos, sen ter resposta. Entre outras cousas, o ter unha normativa adecuada faría as xuntanzas máis proveitosas e menos aleatorias.
2.Petición de información polo miúdo dos recursos anunciados pola Reserva da Biosfera
Non houbo atención ás asociacións nin nos orzamentos anuais nin no plan E 2010, cousa que non debe voltar a pasar, visto os desembolsos anunciados.
3.Accesibilidade e carril bici
Nas obras acometidas últimamente dícese 'humanizar' cando parecen realizadas de xeito illado, quedan moitos flecos por resolver, e o que se fai é peonalizar para que logo pasen coches, sen solucionar os problemas de aparcamento ou tránsito, e sen potenciar alternativas como a bicicleta.
4.Manifestación de apoio para a recuperación do xulgado
Considérase que as AVV non poden tomar a iniciativa neste tema, pero despois de décadas, tampouco foron requeridas para amosar apoio dentro dunha acción conxunta para recueprar o Xulgado en Ribadeo.
5.Garantías para a fachada de Ribadeo cara á ría.
É un feito que a fachada de Ribadeo sobre a ría cada vez está máis ocmpormetida, sendo necesario ter garantías das institucións pertinentes (portos) de que non se continuará pechando a fachada de Ribadeo entre a Vilavella e o S. Miguel.
6.Rogos e preguntas
Vese a necesidade de meter, ó final e como temas máis dispersos, outros temas, que caberían aquí, como o seguemento da zona hospitalaria que afecta a Ribadeo, con contratos mensuais entre outras moitas cousas e que está caendo no esquecemento, a aparición dun cartel de 'Rio Eo' na escollera ou o 'Rio de Ribambo' de Google, o estado actual da liña de alta tensión proxectada, o estado do proxecto para o centro de Alzheimer e o da terceira idade, a aplicación de fianzas para os permisos de cortes forestales ou as obras proxectadas nas parroquias.