SR ALCALDE DO CONCELLO DE RIBADEO
María Soledad Rodríguez Díaz, con DNI , en nome e representación de Atalaia, con enderezo a efectos de notificación en Acevedo Rodríguez 4 de Ribadeo
EXPON:
Que Atalaia ten solicitado Sala de Exposicións dende o pasado mes de decembro para os vindeiros 14,15 e 16 de febreiro con preferencia na Oficina de Turismo sita no Campo de San Francisco.
En varias ocasións requerimos a confirmación da concesión da Sala (Oralmente dixenos que si) Onte dinnos que a Sala concedida e a que ocupa a OMIC en Dionisio Gamallo
Dado que temos que preparar e colocar os carteis e febreiro xa está ahí e entendemos que a concesión, polo que se nos di, é firme, e que o lugar da exposición será na Sala sita Dionisio Gamallo
SOLICITAMOS se teña este escrito por presentado e Atalaia dase por enterada e comeza a preparar os carteis para celebrar a exposición o 14,15 e 16 de febreiro na Sala sita en Dionisio Gamallo Fierros, agás que se nos manifeste unha data diferente.