Jueves, 08 de abril de 2010

Fontecavada:
as túas augas, no escuro,
semellan xurdidas da nada.

Fonte esquecida:
a rúa vai chea de xente
e a tí.. nin sequera t e miran.

Fonte agochada:
no teu escondido recuncho
falan de amor as namoradas.

Fonte de vida:
que alegre murmuras ca auga
ledas e fermosas cantigas

Fonte aveirada:
onda ti non chegan nin raios,
nin vento, nin neve, nin auga.

Fonte secreta:
que gardas as verbas de risas
alegres e de tristes penas.

Fonte belida:
lonxe da terra e do meu lar
sinto a miña alma ferida.

Fonte adorada:
as túas augas cristalinas
din sempre a mesma palabra:
FONTECAVADA

Eli García Bouso
Ribadeo, 13 de febreiro de 2009


Publicado por a333 @ 17:58  | nombrehistoriarib.contem
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios