S?bado, 10 de abril de 2010

Eli García-Bouso

Ribadeo, 14 de xuño de 2001.

De noite ás escuras,

Co paso apagado,

Temendo ás negruras

Camiña asustado

 

Un neno cativo

De apenas seis anos,

Morrendo de frío,

Chorando de espanto,

 

Trabándose os beizos,

Ollando ó ceo,

Vixiando os teitos

Por causa... do MEDO.

 

 

Caeu nun regato

De auga e de lama,

Manchando os zapatos

De brillo de prata.

 

Topou nunha pedra

Que o probe non vira,

Mancouse na perna,

Quedoulle ferida.

 

Caéronlle as bágoas

Igual que un velo,

Sofrindo as mágoas

Por causa... do MEDO.

 

 

Soñaba coa casa,

Cos pais e co irmán.

Cos coches de lata

E cun cacho de pan.

 

Cos seus soldadiños

Xogando á guerra,

E cun monequiño

Que un tío lle dera.

 

Soñaba con monstros,

Con meigas e o demo,

E vía os seus rostros

Por causa... do MEDO.

 

 

E mentras, dicía:

“Quero ser un vello”

Pois el ben sabía

Que non teñen MEDO.

Eli García-Bouso


Publicado por a333 @ 7:07  | nombrehistoriarib.contem
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios