S?bado, 10 de abril de 2010

 

Nin o sei, nin puiden sabe-lo,

nin puiden atopa-lo que buscaba.

Foi así, como un pesadelo,

como unha sombra que non me deixaba,

 

que sempre e sempre estaba onda min

acosándome como unha manada

de famentos lobos ou xabaríns

xurdidos do medio da fraga.

 

Os meus ollos oían o silencio

e os meus tímpanos vían... nada,

somentes percibín o olor do incienso

dunha vella igrexa cercana.

 

Lonxe daquel lugar sen nome

e agochado na dor dos esquecidos,

eu tamén esquecín se-lo home

que loitara en favor dos oprimidos.

 

Maldecín, pois, aquela hora

na que os vellos tempos foran mellores;

lembrei a ledicia doutrora

entre os que eu coidaba que eran señores

 

e non eran máis ca cobardes

e viles explotadores do próximo,

traidores e mais miserables

buscadores do lugar máis óptimo

 

para axionlla-las víctimas

do inútil e maldito holocausto,

mortos en terras insípidas

e non precisamente por incautos,

 

nin tampouco por pecadores,

senón pola salvaxe intolerancia

dos que, créndose ganadores,

confundiron a morte coa ganancia.

 

Xúrdenme miles de preguntas

ás que non podo atopar respostas,

agás a algunhas, mais... confusas,

sen ningún sentido, e mal compostas.

 

 

 

Descoñezo este camiño

e o tempo que levo aquí agardando

en espera do meu destino,

mentras os minutos siguen pasando.

 

Cada vez síntome máis torpe

e medio perdido nun mundo irreal,

abandoado á miña sorte

nunha sociedade inxusta e desleal.

 

¿Donde agarda a fin do traxecto?

¿Donde as tristes verbas dos impotentes?

¿Donde torce o camiño recto

dos que sucumbiron sendo inocentes?

 

¡Ai! choro polos opresores

que se sinten como reis nun trono

rodeados dos seus servidores

sen decatarse de que todo é un soño.

 

Probes asasinos que matan

no santo nome dun deus verdadeiro

e esquecen que sigue na alma

a vida que deixa o corpo baleiro.

 

Non busquedes na oscuridade

o que só podedes topar na luz,

pois é donde habita a verdade,

aínda que ás veces nos pareza unha cruz

 

e soportemos sufrimentos,

incomprensión, dolor e mezquindade

dos que só producen lamentos

ós que buscan vivir en irmandade.

 

Unha nai que durme a un cativo

¡con que dozura lle canta un arrolo!

Todo nela é agarimo

e eu ben sei que, iso sí, non é un soño.

 

 

 

Eli García-Bouso

Ribadeo, xullo de 2001


Publicado por a333 @ 7:11  | nombrehistoriarib.contem
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios